Foz, 10 de xuño de 2015.- O alcalde en funcións de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou este mércores pola mañá no Cenima dúas exposicións con obras de artistas locais. Unha delas é de traballos en cerámica feitos nun obradoiro da Asociación Asistencial Virxe do Carme, de Foz, e a outra mostra é de tallas en madeira feitas polo veciño de Cangas Cándido Barcia coa colaboración de Antonio Fernández e Eugenio Fernández.
O rexedor municipal destacou que “dentro da actividade cultural do concello de Foz, que é moi ampla, hoxe vimos de abrir dúas exposicións no Centro de Interpretación da Mariña (Cenima) que, xunto coa que inauguramos onte, son tres as mostras que hai actualmente neste centro en Foz. As dúas exposicións abertas hoxe son de autores locais”.
Javier Castiñeira especificou que “concretamente a primeira inaugurada é dos rapaces da asociación de discapacitados Virxe do Carme, de Foz, e mostra os traballos en cerámica que fixeron coa apoio da súa monitora, Pili, que é unha artista local que ven traballando con estes rapaces durante moitos anos. É un gusto enorme colaborar con estes rapaces, pero o apoio é recíproco pois esta asociación durante todo o ano colabora moitísimo co Concello en actividades como a Cabalgata de Reis, o Entroido e outras moitas. Polo tanto nós estamos moi orgullosos de traballar man a man con eles, que están facendo un excelente labor de integración no pobo”.
O alcalde engadiu que “inaugurouse tamén a exposición marabillosa de tallas de madeira de veciños de Cangas que levan cerca de dous anos traballando nun curso desta especialidade; e a verdade é que nos vemos sorprendidos pola gran calidade das tallas. Hai verdadeiras obras de artesanía, como reloxos de parede ou escudos. Concretamente hai un escudo de Foz que foi doado polo propio autor ao Concello, unha obra que é unha verdadeira marabilla. Son tallas que merece a pena vir a velas porque son feitas por artistas veciños de Cangas, que poñen o seu tesón, a súa creatividade e o seu bo facer”.
Castiñeira rematou comentando que “estamos moi contentos porque o Cenima está a tope e aconsellamos aos veciños de Foz e tamén aos de toda A Mariña que veñan polo Cenima porque poden pasar un rato moi agradable, xa que hai tres exposicións marabillosas: a que inauguramos onte, de Filgueira Valverde, que é o persoeiro ao que se lle dedican as Letras Galegas deste ano 2015; o traballo dos rapaces da asociación de discapacitados Virxe do Carme, de Foz; e as tallas de madeira dos veciños de Cangas”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



