Baiona (Pontevedra), 13 de xullo de 2015.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, ven de poñer en marcha unha nova campaña de sensibilización sobre o uso do chaleco salvavidas dirixida aos traballadores e traballadoras do mar, co obxectivo de previr os riscos laborais no sector pesqueiro.
A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, presentou este luns a iniciativa en Baiona e, na súa intervención, indicou que se enmarca no Plan de actividades do ISSGA para este ano coa intención de mellorar os hábitos laborais dos profesionais do mar e implantar unha conciencia preventiva no sector.
A campaña consiste na distribución de máis de 11.000 documentos de material informativo en concellos, confrarías de pescadores, centros de saúde, casas de cultura, lonxas, peixerías ou farmacias sobre a importancia da utilización do chaleco salvavidas e a súa correcta colocación. En concreto trátase de explicar cales son os motivos para utilizar o chaleco salvavidas, indicar a necesidade de elixir o axeitado en función das circunstancias existentes, incidir na importancia de utilizalo mentres se traballa na cuberta da embarcación, dar indicacións básicas sobre o almacenamento e mantemento e unha especial referencia á correcta colocación.
O ISSGA complementa esta iniciativa con 18 cursos prácticos de formación en actuación en caso de accidente e utilización axeitada do chaleco salvavidas e outros medios de salvamento e protección no sector pesqueiro, dirixidos a traballadores e traballadoras deste sector.
Destes 18 cursos xa se realizaron 8, nos concellos de Porto do Son, Outes, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Xove e Cariño, nos que participaron un total de 93 alumnos e alumnas. No segundo semestre do ano realizaranse as restantes edicións dos cursos, nos concellos de Muros, Ribeira, A Guarda, Soutomaior, Laxe, Camariñas, O Grove, Cambados, Cedeira e Burela.
A campaña complementa outras iniciativas como é o caso dos programas Segumar e Vixía, unha iniciativa pioneira en España na que, equipos de control especializados formados por un inspector de traballo e seguridade social e por un técnico de prevención de riscos laborais do ISSGA, realizan as inspeccións a bordo dos buques no que se refire ás condicións de seguridade e saúde.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



