O Grupo Provincial Socialista denuncia a Candia ante o Valedor do Pobo por ocultar o patrimonio dos 25 Deputados da Corporación Provincial e infrinxir a Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información e bo goberno. Esta normativa dita que as administracións teñen a obriga de publicar e ter accesible nas súas sedes electrónicas as declaracións anuais de bens e actividades dos representantes locais. Así o tiña o Goberno progresista de Gómez Besteiro xa dende o ano 2011, é dicir, moito antes da entrada en vigor desta normativa. Coa chegada de Candia á Deputación de Lugo esta información desapareceu de www.deputacionlugo.gal.
Por este motivo, este mesmo venres o PSOE trasladou esta denuncia ao Valedor do Pobo. Álvaro Santos Ramos foi o encargado de presentala oficialmente este venres na sede do Valedor do Pobo en Santiago de Compostela. O Deputado socialista esixiu a Candia a inmediata publicación desta documentación e, “cando menos, a dos 11 Deputados do PSOE que nada temos que agochar. Non sei a Presidenta e os restantes membros do Partido Popular”.
Santos Ramos subliñou que “co Partido Popular, a Deputación de Lugo foi declarada polo Valedor do Pobo ata en dúas ocasións como unha administración hostil e empobrecedora. Gómez Besteiro foi capaz de deixar atrás todo isto ata conseguir que a de Lugo se convertese na sexta Deputación de España máis transparente. Candia herdou o peor do caciquismo. Así o amosa tamén ocultando o patrimonio dos Deputados e infrinxindo a Lei de Transparencia, ou negando aos lucenses Presupostos Participativos para 2016”.
Besteiro adiantouse á Lei de Transparencia
Adiantándose á Lei de Transparencia, Gómez Besteiro propuxo no 2011 facer público o patrimonio dos 25 membros da Corporación Provincial. Para poder facelo, levou ao Pleno do 25 de outubro de 2011 unha modificación do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, que foi aprobada por unanimidade. Isto posibilitou que, por primeira vez, se publicase a relación de bens e actividades no Boletín Oficial da Provincia (BOP), así como en www.deputacionlugo.gal, onde estivo sempre ata que chegou Candia á presidencia. Dende dito portal, podíase acceder a esta documentación dun xeito sinxelo: dende a portada, entrando directamente no espazo de “Transparencia”, ou ben accedendo, tamén dende a portada, primeiro a “Entra na Deputación”, logo en “Corporación Provincial” e seguidamente en “Retribucións” e “Patrimonio dos Deputados”. Hoxe isto é imposible, posto que Candia non permitiu a publicación desta información aos servizos provinciais correspondentes a pesares de tela nas súas mans dende que é Presidenta, posto que os Deputados teñen a obriga de entregala antes da súa toma de posesión.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



