Coñecimos a Víctor L. Villarabid a principios dos sesenta; ambos comezábamos as andainas en El Progreso. De contado fixèmonos amigos: amais de colegas (libreiros e impresores), eran moitas as afinidades: afeccións, ilusións, proxectos e amizades. Compartimos tarefas directivas na Federación de Libreiros de Galicia: cando ésta diu luz verde á Feira do Libro de Foz, él era o seu vice-presidente, o que fixo que en cada edición a visitase, e durante anos a súa librería sarriana presentou “stand” na mesma. Impelidos por idénticas inquedanzas, foron moitas niciativas nas que ambos participamos, sempre en actividades gremiais de orde profesional, cultural, social ou lúdico. En maio de 1987 Canco, o segundo dos seus sete fillos, estudante no Conservatorio de Madrid, ofreceo un recital de piano no Clube Náutico de Foz, do que este cronista era Presidente. O prestixioso musicólogo: compositor, intérprete e director de orquestra e coros de música selecta, estivo varias veces na basílica de San Martiño, traído pola programación “Artes no Camiño” do Xacobeo, dirixindo o grupo “Ars Combinatoria”: as súas actuacións foron outros tantos éxitos. Villarabid era un fondo coñecedor da provincia, que percorría a cotío. Experto na temática xacobea deixou varios libros publicados. De un deles, “El Camino de Santiago en Galicia”, fixemos en Foz a presentación de obra e do autor. Ao pouco, en Sarria, da man de Víctor, presentouse o noso “Foz: o mar e as xentes”.A última visita á Mariña foi na primavera de 2007, coa cámara ó lombo, para captar imaxes e participar no concurso fotográfico “A Ruta Pardo de Cela no Camiño Norte” que organizara “ O Mundo de Galea”. Compartimos mesa e manteis en fogar amigo e quedamos emplazados para próxima xuntanza que sería na súa casa sarriana. De súpeto destapouse a enfermidade irreversible e a cita quedou aplazada “sine díe” .. Non tardamos en voltar a Sarria, pero esta vez co ánimo tristeiro e o corazón magoado: era o definitivo adeus a quen ó longo de medio século fora un amigo entrañable. O vindeiro día 19 será obxeto de homenaxe da Asociación de Periodistas de Camiño de Santiago. Alí estará o noso espíritu.
Suso Fernández



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



