4 de setembro de 2015.- O próximo venres 11 de setembro terá lugar, ás 21.00h no Cine-Teatro de Ribadeo, o V CONCERTO MÚSICAS E LETRAS EN FEMININO. Este evento busca promocionar a creación artística das mulleres galegas cunha cita anual que se consolida xa na axenda cultural mariñá con esta quinta edición.
En pasadas edicións contárase coa presenza das cantantes Sés, Uxía e Ugia. Os concertos celebráranse en Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo. Para este quinto repetiremos localidade e contaremos dúas novas convidadas. Guadi Galego (Cedeira, 1974) será unha das artistas que se subirá ao escenario do o próximo venres 11. A cantante, recoñecida por prestar a súa voz a grupos galegos como Berrogüeto ou aCadaCanto, ven a presentar no Cine-Teatro de Ribadeo o seu último traballo discográfico «Lúas de Outubro e Agosto». Deste último traballo destaca a canción «Matriarcas», cuxo videoclip supera as 100.000 reproducións en Youtube. Xunto a ela estará a moza ribadense Carme Rodríguez, quen xa actuara con María Xosé Silvar (Sés) no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.
Ademais das actuación musicais, e para completar este V Músicas e Letras en Feminino un grupo de alumnas de institutos mariñás recitarán poemas de poetas galegas e mariñás.
Con esta iniciativa o Observatorio da Mariña pola Igualdade segue a apostar pola visibilización e a posta en valor das nosas músicas e creadoras. Esta quinta edición de MÚSICA E LETRAS EN FEMININO afiánzase como evento cultural feminista de referencia, cun formato innovador, no que Ribadeo volve repetir como vila protagonista da axenda cultural da Mariña.
O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 5 euros e poderase reservar ata o día 10 de setembro no enderezo observatorioigualdade@gmail.com. Colabora o Concello de Ribadeo coa cesión do Cine-Teatro.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



