Foz, 20 de outubro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, respondeu ás críticas vertidas polo grupo municipal socialista a respecto da proposta de localización da nova depuradora de augas residuais. O rexedor focense asegura que as valoracións socialistas teñen que ver con intereses partidarios e persoais de Xaime Cancio e que o PSOE local é un partido colapsado e abducido por Unifoz.
“Despois de ver a nota de prensa do Partido Socialista de Foz con respecto á depuradora e de analizar todo o que din, as conclusións que saca o goberno do Concello é que o PSOE de Foz está totalmente colapsado, que non existe e que está abducido por Unifoz. Os herdeiros do señor Besteiro seguen errando antepoñendo os intereses partidarios e mesmo persoais do señor Cancio e dos seus adláteres aos do Concello de Foz. É unha pena que o portavoz do Partido Socialista, o señor Ramalleira, ao cal teño en moito aprecio, non poda para nada impoñer o que el pensa e estea en minoría no grupo municipal socialista cos dous concelleiros de Unifoz e está en minoría seguramente tamén na directiva do Partido Socialista. Proba é que este señor non fai as notas de prensa, está claro que as está facendo unha persoa allea á corporación, porque está dicindo cousas que non se reflectiron para nada na reunión da Xunta de Portavoces”.
Castiñeira asegura que na xuntanza dos portavoces municipal para tratar a ubicación da nova depuradora “houbo un moi bo ambiente, atendéronse todas as motivacións que se lle deron aos portavoces, faláronse cousas que agora dan por non entendidas e proba diso é que falan de que a depuradora, na nova localización, está situada en solo rústico de protección agropecuaria e teñen dúbidas de se pode facerse aí. Son as mesmas dúbidas que deberían ter cando eles propuxeron Forxán, no medio das praias de Peizás e Llás, que estaba en solo de protección costeira, aínda máis grave. Non hai ningún impedimento urbanístico para que se pode facer neses lugares e polo tanto tampouco en rústico de protección agropecuaria. Son desculpas baratas do señor Cancio, que ten única e exclusivamente o obxectivo de seguir mantendo os problemas que hai na depuración de Foz e con iso cre que saca rendemento político. É un problema de personalidade do portavoz socialista na corporación municipal, o que vai afectar ao futuro do noso Concello”, manifestou o alcalde.
“Polo tanto, pídolle ao Partido Socialista que teña sensatez e que deixe traballar e avanzar. Quen debe resolver todos os problemas técnicos é Augas de Galicia, que é quen ten os medios, e para iso imos ter que darlle unha localización e a partir de aí facer un anteproxecto. Sobre ese anteproxecto aínda pode traballar a corporación, pode analizalo e mesmo botalo atrás, pero deixémoslles traballar; non impidan nin deixen enriba da mesa, como pretenden facer e están facendo en todos os asuntos importantes de Foz. Pídolles altura de miras e sei que vai ser difícil porque non ten agora mesmo o Partido Socialista xente con esa capacidade e quen segue tomando decisións son os herdeiros do señor Besteiro. E, ollo, porque este señor xa non só vai dirixir o grupo municipal de Foz, é moi probable que dirixa tamén as decisións do goberno da Deputación Provincial de Lugo con respecto ao noso concello. Ollo, porque isto pode ser moito máis perigoso”, advirte o rexedor.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



