Foz, 8 de xaneiro de 2016.- Este venres, 8 de xaneiro, da comezo unha nova edición do Campañazo que organiza ACIA/CCA de Foz e na que participan 64 firmas comerciais asociadas. Desde a directiva do CCA o seu presidente, José Carlos Paleo, lembra que “o sorteo, que da comezo ás once da noite, hai que seguilo nalgún dos 20 locais hostaleiros que participan con nós nesta consolidada cita e hai que apurarse a chamar a Radio Foz si alguén canta cartón. O primeiro levará 300 euros e teremos outros 300 euros para repartir entre o resto dos cartóns premiados”.
O Campañazo terá lugar os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro. Cada noite poranse en xogo 600 euros, o que fai un total de 2.400 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto focense.
Os comercios que participan no Campañazo de xaneiro de 2016 son: 100 P’S Zapatería y Complementos, Óptica Alain Afflelou, Asesoría Marcos Fernández, Bombonería Pastelería Amarena, Carnicería Mercedes, Carola Moda, Casa Moreda, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Cenor Belianorte, Centro Dietético Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José SAA, Decoraciones Pura, Din Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio de Foz, Estanco nº 2, Farmacia Mª Antonia Ulloa, Farmacia Fátima Saa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola Outlet, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Moda Íntima, Maphre, María Docampo, MRW, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Cafetería Anduriña, Peluquería Ramoné, Pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Sensación Surf Escola, Suministros Veipa, Vagaluz e Viajes Rodríguez.
E os locais hostaleiros son: A Bolera, A Viela, Acuario, As Brasas, Express, Happy Days, Costumes do Mar, Dandy, Xoyma, May Ros, Casa Maño, Portovello, Fraggle Rock, Marexada, O Náutico, pizzería Xoiña, A Soalta, Fina, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



