A MARIÑA .- A delegación mariñá da plataforma Queremos galego, que agrupa 33 colectivos, cualifica de histórica a manifestación que se celebrou o domingo en Santiago de Compostela en defensa da lingua de este pais. Queremos galego “ábrese unha nova etapa na defensa da lingua”.
Nota de Prensa
Queremos Galego, diante da histórica manifestación, destaca que se abre unha nova etapa na loita polo galego
Os manifestantes ateigaron varias veces a Praza da Quintana
3000 mariñaos participaron hoxe en Compostela na defensa da lingua
Máis de 3000 mariñaos participaron na xornada de hoxe na manifestación convocada en Santiago de Compostela pola “Plataforma Queremos Galego” da que tomaron parte máis de 100.000 persoas, “que ateigaron varias veces a Praza da Quintana”, procedentes de diferentes puntos de Galiza. Os Mariñaos que acudiron hoxe a Compostela desprazáronse maioritariamente en transporte particular, se ben de diferentes localidades da Comarca da Mariña partiron un total de 8 autobuses. Neste sentido Ramón Ermida destacou o carácter histórico en canto asistencia desta mobilización que sobrepasou en canto a presenza as convocadas no seu dia pola “Plataforma Nunca Máis” en protesta pola xestión que da crise do Prestigue fixo o Goberno de Fraga.
Ermida fixo referencia ao toque de atención que a sociedade galega lle deu a política lingüística da Xunta de Galiza e urxiu ao Goberno de Feijoo a que volva ao consenso sobre o idioma expresado polo Plano de Normalización Lingüístico aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza. “Non podemos consentir que desde unha institución que nace ao abeiro dunha lei orgánica”, en referencia a Xunta, “que entre os seus obxectivos se marca a promoción da lingua galega, se proceda agora a un ataque contra o idioma sen precedentes desde o final do franquismo” afirmou Ermida, quen recordou a crítica situación que vive o idioma galego nomeadamente nos ámbitos urbanos e nos segmentos máis novos da sociedade galega.
O voceiro de “Queremos Galego”, que destacou a importante presenza de xente moza no cortexo mariñán e no conxunto da manifestación, afirmou que a mobilización fixo patente a vontade de amplos sectores da nosa sociedade de “ transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade. Instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua”.
Na mesma liña desde “Queremos Galego” na Mariña hoxe saíu a rúa esa “inmensidade de xente” que, segundo dixo, “quere o galego” mais que “considerou que a normalidade da lingua era unha batalla xa superada”. “Agora”, dixo, “moitas comezan a decatarse de que volve facer falta moverse na súa defensa, labor onde cómpre a presenza de todas e todos”. Nese sentido, tamén demostrou que a mocidade, esta disposto a coller “o testemuño da defensa do galego”, igual que a “maioría galegofalante do electorado do PP, a que non comparte a liña que está a seguir o seu partido en materia de lingua”.
A delegación mariñá de “Queremos Galego”, que agrupa a 33 colectivos da Comarca, quixo facer fincapé que “coa mobilización de hoxe ábrese unha nova etapa na defensa da lingua posto que non imos consentir de xeito pasivo a operación de xenocidio lingüístico que leva adiante o Goberno de Feijoo. A lingua é patrimonio de todos os galegos, vehículo de comunicación de moitos deles, polo que o Goberno Feijoo debe respectala”. Neste sentido deste a Plataforma anunciouse que na próxima semana a mesma volverase a reunir para definir as actividades que van levar adiante.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



