O vindeiro sábado, 16 de abril, ás 17.30 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, dentro da Programación Cultural deste trimestre, teremos con todos vós “A viaxe de Rosalía” de LARRAITZ produccións artísticas. A entrada 2.5 euros e para todos os públicos. Patrocina a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Rede de Teatros e Auditorios de Galicia e AGADIC.
A actriz e titiriteira Larraitz Urruzola válese da interpretación actoral, de monicreques de mesa de grande talla artística así coma da manipulación de obxectos acompañada dunha música moi acaída e composta para o caso, un vestiario fermoso e dignísimo para os personaxes e, en definitiva, das ferramentas da narración oral tradicionais para que coñezamos as pasaxes máis importantes da vida de Rosalía de Castro e a súa obra literaria.
Xogarase a crear atmosferas poéticas , situacións que xorden da transformación dos obxectos e espazos, contribuindo a iniciarse no mundo da poesía, dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.
Na viaxe de Rosalía, Francisca do Campo leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa afillada ROSALÍA DE CASTRO. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables.
Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenuniciable para a cultura galega.
A Francisca gústalle lembrarnos que ROSALÍA era unha muller culta, traballadora, valente e que interpretou como ninguén un tempo histórico na súa Terra.
Aquela meniña algareira que FRANCISCA coidou foise convertendo pouco a pouco na escritora que deixou unha pegada imborrable pola súa calidade literaria e un fondo de verdades profundas por fin sacadas á luz.
Ficha técnica
-Duración: 45 minutos.
-Público: familiar-recom+4 anos.
-Técnica. Monicreques de mesa.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



