Burela, 9 de decembro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha valoración moi positiva da primeira semana que leva en funcionamento o novo acceso ao porto.
Alfredo Llano lembrou que “xa fai unha semana que se abriu o novo acceso ao porto e penso que a xente está utilizando esta nova infraestrutura de xeito moi doado e moi positivo”.
O rexedor burelés contou que “estamos observando que a fluidez é absoluta e non hai aglomeracións a ningunha hora nin en ningún punto concreto. Si que se nota que xa hai unha baixada espectacular da cantidade de camións que pasaban polo centro do pobo e que agora xa se desvían directamente a través deste novo acceso ao porto, onde fan a súa labor e volven sen necesidade de pasar polo pobo”.
Llano subliñou que “é moi notorio que se está notando perfectamente esa redución da cantidade de camións que pasaban e que agora xa non pasan. A normalidade é absoluta, a fluidez é total e non hai de momento ningunha rotonda nin ningún punto do acceso, por exemplo á avenida de A Mariña, que nos leve a preocuparnos estes días”.
O alcalde engadiu: “si hai que salientar que hai algún despiste sobre todo daquelas persoas que veñen de Foz. Hai que lembrar que agora hai que pasar necesariamente pola rotonda, algún seguía por costume como antes de colocar a rotonda, aínda que está perfectamente sinalizada”.
Alfredo Llano dixo: “agardamos pola obra, pero agora vemos que aínda que a lonxitude é curta as oportunidades van ser moi longas, e polo tanto a xente en xeral está contenta e eu penso que vai ser de grande axuda para todo o que respecta ao traballo e a fluidez do tráfico no noso concello”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



