Lugo, 31 de marzo de 2017.O Goberno da Deputación ten programados durante este venres, o sábado e o domingo, 3 roteiros para visitar obradoiros de artesáns de toda a provincia (zona Centro, Mariña e Sur), totalmente gratuítos, para celebrar os Días Europeos da Artesanía. Ademais, durante a fin de semana, o Centro de Artesanía e Deseño ofrece xornadas de portas abertas, totalmente de balde, nas que poderán visitar a Exposición Plastishistoria da Ciencia, a Colección de Instrumentos Musicais, e os obradoiros do Moble, do Libro e Instrumentos Musicais. O horario é de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Roteiro da Zona Centro
– Barro en Vivo: sumouse á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas a todas aquelas persoas interesadas no mundo da cerámica artística como vehículo de crecemento integral no mundo educativo, tanto polas súas posibilidades de relación coa contorna, como polas súas prestacións no desenvolvemento afectivo, cognitivo, emocional, mellora de confianza e autoestima das persoas. Compaxinan o seu traballo de peza única de carácter escultórico e trazos hiperrealistas, coa produción de pequenas series de produtos decorativos feitos de forma totalmente artesanal, e a celebración de talleres e campamentos educativos en toda Galicia.
– Traxandaina: celebra os Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu taller a todos aqueles interesados na investigación e reprodución de pezas antigas de indumentaria tradicional. Nos seus teares dan vida a vellos picotes, gorullos e levantados, aos que dan a cor e a textura de outrora para confeccionalos con técnicas que reproducen fielmente o espírito e saber facer dos seus antepasados.
– Mi Madre no me deja: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu obradoiro a todos aqueles interesados en coñecer o seu imaxinario: debuxos, ilustracións e esculturas transformadas en obxectos de uso cotián como vaixelas, cerámica e téxtiles de todo tipo. Traballan a serigrafía artesanal de forma directa no téxtil e indirecta sobre cerámica, técnica e material que permítelles enlazar o mundo da arte e a artesanía de forma armoniosa e complementaria.
– Quercur: súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as portas do seu taller a todos aqueles coleccionistas ou curiosos interesados no mundo das fundas para coitelos, navallas e armas históricas, armaduras e corazas de coiro, complementos para motociclistas custom, complementos para home fortemente inspirados na tradición vaqueira americana e artigos para actividades ao aire libre inspirados nos aventureiros e tramperos do século XIX. Achégate a descubrir o agarimo e a paixón coa que José Ramón Melchor afronta cada paso do seu traballo: deseño, repuxado, policromado, mateado, cosido todo con calma, ata obter unha peza ruda, cálida e elegante que perdurará no tempo.
– Augatinta: celebra os Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas para todos aqueles interesados no mundo do gravado. Un centro integral dedicado á produción de elementos de papelería singulares como cartóns, invitacións, soportes para envíos personalizados, agasallo de empresa ou obsequio institucionais; onde ademais poderás formarte da man dos mellores especialistas en técnicas que van desde o máis tradicional (augaforte, punta seca, verniz brando, augatinta, xilografía e linóleo) pasando polo máis actual (fotogravado non tóxico e verniz acrílico) ata as técnicas máis novas, experimentais e interdisciplinares.
– Amalgama: é un espazo dedicado á artesanía en xeral e aos oficios da pratería e cestería en particular que se suma á celebración dos Días Europeos da Artesanía abrindo as súas portas ao público para que coñezas de cerca o traballo dos seus propietarios. Carmen Fieiras dedícase á cestería desde fai vinte anos, conxugando a produción das súas coleccións de cestería de estilo actual e vivaz colorido, coa organización de cursos de cestería para todos os públicos. O seu socio Adolfo Domínguez tamén imparte formación, é prateiro e conta cunha ampla traxectoria profesional que evolucionou ata a creación de pezas contemporáneas nas que incorpora materiais nobres como a madeira, a lousa ou os coñecidos ollomaos.
Roteiros na zona Norte e Sur
O sábado 1 de abril: os participantes dos roteiros visitarán os obradoiros artesáns da mariña lucense.
– Ás 9:00 horas comezará o roteiro na Rolda da Muralla.
– De 10:15 a 11:15 horas visita a Taller Estampa.
– De 12:15 a 14:00 horas visita a Astilleros Fra.
– De 16:00 a 17:30 horas visita a Oscar Rodríguez.
– De 17:45 a 19:45 horas visita a Regal Cerámica.
O domingo 2 de abril: os participantes dos roteiros visitarán os obradoiros artesáns do sur da provincia.
– Ás 9:00 horas comezará o roteiro na Rolda da Muralla.
– De 9:40 a 11:10 horas visita a Arxemil Luthier.
– De 11:00 a 11:45 horas visita á Feira de Antigüidades.
– De 12:30 a 14:00 horas visita ao Museo Pazo de Tor.
– De 15:45 a 17:00 horas visita a Rectoral Gundivós.
– De 18:15 a 19:30 horas vista a Armaio





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



