Burela 31-3-17. O Pescados Rubén Burela FS intentará aproveitar o ronsel de esperanza e motivación que lle proporcionou o triunfo do martes con Catgas Energía FS para buscar os tres puntos mañá (18.30 horas) na complicada pista do Ciudad de Tudela. “Imos a unha das canchas máis difíciles, cun dos equipos con mellor fútbol sala da categoría, combinando gran circulación de balón e con grandes potenciais de xogadores novos. Ademais, a paixón e a forza que transmite a bancada aos seus xogadores fainos moito mellores”, advertía o técnico laranxa, Tomás de Dios, do Aspil Vidal Ribera Navarra.
A escuada mariñá, con 1 punto de vantaxe sobre Levante -en descenso-, estase xogando o todo polo todo. Na xornada 27 apostará por concentración plena ata o último segundo, mantendo a actitude e desgaste físico das últimas citas, para neutralizar a presión dos navarros, incentivados ademais cos postos de play off, a 6 puntos. “Quédannos catro finais, somos moi conscientes, e mañá necesitaremos unha conexión especial do partido, polo contorno ao que nos imos enfrontar; xa tivemos a experiencia de ver escapar un partido no último segundo e iso ímolo ter moi presente” explicaba De Dios, facendo referencia á perigosidade dos locais: “Cando Ribera rompe en primeira liña xera moito perigo. Para iso incidiremos no desprazamento defensivo, mediremos o criterio arbitral e adaptarémonos a iso; ademais a forza da bancada debe motivarnos para estar moito máis conectados”.
Moral para seguir gañando
Desde o vestiario, o mozo burelao Carlitos falou da gran semana que está vivindo o equipo nunha recta final moi delicada, unha semana que o Pescados Rubén está disposto a pechar con broche de ouro fronte a un equipo ao que xa gañou esta tempada: “Ribera é un gran equipo, cun pabillón que aperta moito, pero a vitoria do martes deunos moita moral e agora temos que ir a por todas a Tudela. Xa conseguimos gañar en Copa do Rei e pelexaremos por repetilo en liga” explicaba o 17 mariñán, que intenta aproveitar cada minuto sobre a pista. O burelao quixo agradecer o grande apoio da afección: “Están axudándonos máis ca nunca. Quédannos 2 partidos na casa e temos que dalo todo, tanto afección como equipo” concluía Carlitos.
Convocatoria Aspil Vidal Ribera Navarra FS: 2. David, 3. Hamza, 6. Luisma, 7. Rubi, 8. J. Mínguez, 10. Oussama, 11. Kostas, 12. Pedro, 14. Lucas, 15. Molina, 16. Ferrán Plana, 23. Álex Arriazu, 28. Abdel Karim
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder, 31. José Carlos





















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
