Burela 31-3-17. Vista Alegre acollerá mañá o único derbi galego da segunda volta de Primeira RFEF con espectáculo e emoción garantidos a partir das 18.30 horas. O Pescados Rubén Burela FS recibirá o Poio Pescamar FSF con ánimos de revancha, avalado pola solidez da Bomboneira: “O equipo chega con ganas de desquitarse da derrota da primeira volta (2-0), nun partido no que non estivemos moi finas. Na casa temos que seguir sendo fortes, non podemos deixar escapar puntos” advertía o técnico mariñán Iván Cao, Lucas.
Mariñás e pontevedresas chegan con boas sensacións. Na busca do cuarto triunfo consecutivo, o conxunto burelista afiánzase na cuarta praza (47 puntos) á caza do podio, fronte á sexta das pontevedresas, que encadean dúas vitorias, en rivalidade directa coa quinta posición con outro galego, o Ourense Envialia (37 puntos). “Levan un gran ano, competindo ben, cunha boa mestura de xuventude e veteranía, con xogadoras contrastadas e rapazas da canteira con bos resultados” incidía Lucas.
“Coma todas as semanas adestramos forte. Sabemos que se queremos gañar temos que dar moito máis ca na primeira volta; en Poio non tivemos unha boa tarde, pero agora somos un equipo moito máis traballado, mellor” explicaba a 26 burelista, Elvira, unha das promesas da bisbarra no equipo, cada vez máis cómoda de laranxa, dando un paso adiante xunto ás súas compañeiras máis novas, tal e como piden Lucas e Julio Delgado: “Cada vez estamos achegando máis, perdendo os nervios e máis cómodas na pista. Eu síntome cada vez mellor e cada vez con máis confianza, que é o que me fai falta para seguir mellorando”. A ribadense coincidiu co técnico focego destacando o rival como un “conxunto bo, equilibrado e loitador”.
A única dúbida na convocatoria habitual será Silvia, que sufriu un golpe nun xeonllo durante adestramento desta mañá.
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 23. Cristina, 26. Elvira























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
