Cervo, 13 de abril de 2017.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, programa a actuación do famoso Grupo galego de pandereteiros Radio Cos para o vindeiro mes.
A cita será o 6 de maio, dentro da axenda da III Foliada de Cervo impulsada pola ACR Fervenza de Sargadelos conxuntamente coa asociación cultural Airiños do Xunco, que organiza tamén para ese día, en colaboración co Concello, a XI Festa de exaltación da carne de porco.
Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto aos representantes, neste caso da Asociación Fervenza, máis volcada na faceta cultural-musical do evento, Ramiro Chaves e Xosé Fernández.
Villares sinalou que “esta actuación que hoxe presentamos é o prato forte dun programa que se está rematando de perfilar para unha xornada que cremos que vai ser única, na que Cervo se convertirá no epicentro da música tradicional galega, nunha contorna excepcional como é a Praza do Souto de Cervo, acolledora de por si, e que será punto de encontro de todos os afeccionados a esta música tan nosa”.
Nunha xornada –engadiu- na que tamén celebraremos a XI Festa de Exaltación da Carne do Porco, da man da asociación cultural Airiños do Xunco, “un atractivo máis, o gastronómico neste caso, para que familias e grupos de amigos veñan visitarnos e pasar o día no noso Concello, entre boa música e comida”.
O rexedor, sinalou que dende o Concello tentamos brindar apoio en todo o que estea na nos man, “para que se poidan levar a cabo eventos que axudan a dinamizar o noso municipio e tamén a atraer novos visitantes, colaborando así ao tempo coas asociacións que fan un traballo altruista e incansable en prol da nosa vila”
A banda de Radio Cos confórmana os cantantes e percusionistas, Henrique Peón e Xurxo Fernándes, Pedro Lamas (gaita e saxo soprono), Nikolay Velikov (violín) e Xan Panpín (acordeón).
Levan máis de dez anos percorrendo toda Galicia e boa parte dos escenarios de todo o mundo, amosando o seu xeito de entender a nosa música tradicional, de feito Fernandes e Peón son referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia e as influencias do seu traballo de campo teñen unha importante presenza nas súas composicións.
En Cervo poderemos gozar de boa parte do seu repertorio, e dos temas do seu último traballo Pasatempo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



