Foz, 17 de abril de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fai un balance moi positivo da Semana Santa no concello. O rexedor salienta que a basílica de San Martiño de Mondoñedo recibiu estes días pasados cerca de 2.000 visitantes e duplicouse o consumo de auga e a cantidade de residuos recollidos no municipio.
Javier Castiñeira manifestou que “unha vez máis a Semana Santa volve sorprendernos. Os datos que temos de consumos de servizos municipais indícannos que o concello estivo a tope, duplicou a poboación durante estes días, especialmente a partir do xoves. Isto é unha antesala do que pode ser un verán de récords porque foi unha Semana Santa de récords: duplicouse a cantidade de residuos recollida e os consumos da auga”.
O rexedor focense engadiu que “un dato tamén importante é que a basílica de San Martiño de Mondoñedo recibiu nunha semana preto de 2.000 visitantes. Tendo en conta que moita da xente que ven a Foz é de segunda residencia, que xa coñece o pobo e todos os lugares turísticos, isto indica que tamén houbo moita xente nova e pode ser un dato moi importante que visitaron por primeira vez a basílica de San Martiño arredor de 2.000 persoas”.
Castiñeira móstrase “contento porque tamén os datos da hostalería e o comercio son moi bos. A ruta das tapas segue a ser un verdadeiro éxito e un reclamo para un Foz, que está no centro de A Mariña ”.
O alcalde de Foz asegura que “A Mariña está de moda e é certo que o movemento que temos na Mariña beneficia a todos os concellos, aos da costa e aos do interior. A multitude de actos que hai, loxicamente o principal é a Semana Santa de Viveiro, pero tamén as referencias turísticas que son a praia, as costas e o patrimonio do interior, fan que a Semana Santa sexa un momento económico moi importante no eido turístico e comercial para a nosa comarca. Isto é unha antesala do que pode ser un verán cargado de récords. Temos que facer unha previsión desde os concellos moi alta porque vai a ser un verán de gran ocupación. A verdade é que os números sorrín unha vez máis á Mariña”.
Javier Castiñeira quere “darlles os parabéns a todas aquelas persoas que estiveron dunha forma ou doutra participando e organizando actos. Lémbrome especialmente da ACIA, novamente coa ruta das tapas, pero por suposto tamén das parroquias, das confrarías e de todas aquelas persoas que estiveron facendo actos da Semana Santa. Darlles os meus parabéns polo novo éxito destas actuacións”.
O rexedor municipal tamén agradece o seu traballo “aos compañeiros do Concello, traballadores municipais como Policía Local, Protección Civil, servizos de recollida de lixo, limpeza e demais porque dobramos esforzos e iso a xente ten que velo e recoñecelo”.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



