Lugo, 18 de abril de 2017. O Goberno da Deputación xera outros 5 postos de traballo en 2 Concellos da provincia a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Está aberta a solicitude dos 4 empregos que a Deputación ofrece en Ribas de Sil e de 1 posto ofertado en Trabada. Máis información en www.deputacionlugo.gal e nos propios Concellos, onde se fan as inscricións.
– En Ribas de Sil, ofértanse 4 postos dos seguintes perfís: 3 peóns de obras de mantemento e 1 oficial de primeira condutor. O prazo para presentarse está aberto ata o 24 de abril.
– En Trabada, ofértase o seguinte posto: 1 peón de servizos múltiple. O prazo de selección remata o 3 de maio.
Con estas 5 ofertas en proceso de selección, xa son 221 os postos que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 58 municipios da provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que plan inclúe en total 263 postos de traballo, polo que nas vindeiras semanas aínda se crearán máis postos de traballo.
Distribución dos 216 traballadores
Á espera da vindeira incorporación dos 5 novos traballadores que resulten beneficiados dos procesos de selección que levarán a cabo os propios municipios de Ribas de Sil e de Trabada, xa son 216 as persoas contratadas en 57 Concellos grazas ao DEPUEMPREGO.
Na Mariña son 50 postos de traballo en 15 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Cervo, 5 peóns; Foz, 2 auxiliares administrativos; Lourenzá, 1 técnico en turismo, 1 albanel, 1 carpinteiro, 1 xardineiro, 1 peón de limpeza; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 varredor-peón; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples e 1 peón de mantemento de servizos naturais; O Valadouro, 1 operario condutor, 1 operario mantemento, 1 operario condutor-tractor; Ourol, 1 operario de servizos mínimos, 1 peón forestal e 1 electricista; Viveiro, 1 técnico de informática, 1 electricista, 2 pintores, 3 peóns de servizos múltiples e 1 socorrista; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.
Na Terra Chá son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Guitiriz, 2 conserxes, 1 condutor, 1 arquiveiro e 1 dinamizador social; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor.
Na Comarca de Lugo son 22 postos en 6 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Friol, 6 peóns de mantemento de espazos naturais; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.
Na Comarca de Sarria son 26 postos en 6 Concellos: Láncara, 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre; O Incio, 7 peóns; Paradela, 4 peóns de obras públicas; O Páramo, 1 animador sociocultural e 3 peóns; en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios; e en Triacastela 3 peóns.
Na Montaña son 22 postos de traballo en 8 Concellos: Baleira, 3 peóns; Baralla, 6 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.
Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 36 postos de traballo en 9 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; O Saviñao, 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.
Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



