Viveiro 18-4-17. Tras finalizar a celebración da Semana Santa quero agradecer publicamente a todos aqueles que fixeron -co seu traballo, participación ou asistencia- que a Semana Santa de Viveiro fose un gran éxito, cunha ocupación hoteleira que acadou o 100 % e unha valoración máis que positiva por parte de todas as partes implicadas. Nestes días, nos que o bo tempo permitiu que todas as procesións saíran á rúa, Viveiro estivo ateigado de veciños e visitantes que, desfrutando destas datas, comprobaron que a nosa Semana Santa é xusta merecedora da súa distinción como Festa de Interese Internacional.
Neste agradecemento quero citar, de maneira específica, a todos os veciños e veciñas de Viveiro, pola súa implicación e por ser, sen dúbida, parte do éxito da nosa Semana Grande, agradecendo a súa comprensión polos cortes de tráfico realizados e por respectar as medidas adoptadas por seguridade e precaución, destancando que, a pesar de ser a edición máis multitudinaria, non se producira ningunha denuncia nin altercado destacable.
Pódese afirmar que a Semana Santa de Viveiro está no seu punto máis alto, superando en cada edición as mellores expectativas; neste sentido, cómpre resaltar a labor da Xunta de Cofradías e o impulso do Concello de Viveiro que, dándolle a man á Xunta de Cofradías, leva anos traballando para potenciar e promocionar esta celebración, poñendo á súa disposición todos os recursos materiais existentes.
Finalmente, quero facer mención ás xestións realizadas pola Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, que posibilitaron que o Concello de Viveiro puidese presentar a Semana Santa nuns marcos de proxección internacional como son Fitur ou o Salón de Turismo Gastronómico Xantar, convencida de que esas presentacións influiron positivamente na afluencia de visitantes desta edición. Así, pois, o concello continuará traballando nesta liña en beneficio de Viveiro e desta celebración, unha das máis representantes no noso municipio.
A alcadesa,
María Loureiro García























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



