Lugo, 9 de maio 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Ourol, José Luís Pajón Camba, informou este martes do investimento que o Goberno Provincial achegou aos máis de 1.000 veciños deste municipio a través do Orzamento de 2016. Foron máis de 364.000 euros os que se destinaron a mellorar as prestacións públicas no centro urbano de Ourol e, principalmente, no rural deste municipio. O Executivo Provincial levou actuacións a 7 das 8 parroquias deste Concello: Ourol, Merille, Miñotos, Xerdiz, O Sixto, Bravos e San Pantaleón de Cabanas. O Alcalde avanzou que a través do Plan Único xa se contemplan melloras na oitava parroquia, a de Ambosores. Deste xeito, o Goberno da Deputación actuará na totalidade do rural deste municipio.
O Presidente e o Alcalde, acompañados de veciños da zona, supervisaron as melloras executadas nos accesos a 10 núcleos rurais das parroquias de Ourol, Merille e Miñotos, beneficiando, directamente, aos 500 veciños que viven nas mesmas. Trátanse das localidades de Leborada, Casaldares, Lobamorta, As Corredoiras, Leonte, Curralchao, O Cachón, O Carmen, Vigo e a Bodega. O Executivo Provincial investiu 64.000 euros no arranxo do firme, con aglomerado en quente, das principais vías de comunicación destes núcleos rurais.
Campos Conde e Pajón Camba avanzaron que nas vindeiras semanas arrancarán novos traballos de mellora nos accesos viarios a 14 núcleos rurais de 7 parroquias, nas que residen 500 veciños. Para elo, o Goberno da Deputación xa achegou outros 101.263 euros. Con este orzamento, acondicionarase o firme con aglomerado en quente das estradas a Mosende e Bidueiro, na parroquia de Ourol; Vilares e O Cargadoiro, en Merille; Zarza, Vilabuin e Piedrafita, en Miñotos; Vilaverde e A Igrexa, en Xerdiz; Lombao, no Sixto; Labrada e Fornos, en Bravos; Burgás e Ribeira do Vispo, en San Pantaleón de Cabanas.
Ademais de arranxar estradas municipais, o Goberno da Deputación mellorou 5,8 quilómetros de 3 vías provinciais, que discorren por este Concello. Fíxoo con outros 30.000 euros, que se destinaron á mellora do firme da LU-P-3801, de Ourol ás Lobeiras; LU-P-3803, de Pontetorta á Cruz das Leiras, e LU-P-3809, de Merille a Bravos.
Melloras de 70.000 euros en dotacións públicas
O titular provincial e o Rexedor comprobaron o inicio dos traballos de acondicionamento da contorna e do propio pavillón polideportivo. O Goberno da Deputación achegou 37.300 euros a estas actuacións. Estas contempla a mellora con aglomerado en quente da vía de acceso a esta instalación municipal e a dotación de novas beirarrúas. No interior, acondicionarase a pista multideportiva, cunha capa de pintura acrílica.
O titular provincial e o Rexedor supervisaron o estado do centro social municipal da parroquia de Miñotos, onde nos vindeiros días se porán en marcha traballos de 27.000 euros, financiados na súa totalidade polo Goberno da Deputación, para o seu acondicionamento. Estes consistirán na dotación dunha nova cuberta para illar termicamente este local, no que 200 veciños da zona desenvolven actividades. Estas actuacións permitirán reducir a factura de luz en máis dun 10% ao ano, aforrando estes custos ao Concello.
Xunto a estes actuacións, a vindeira semana tamén arrincarán os traballos de case 6.000 euros para a mellora do sistema de canalización de augas no Consistorio de Ourol.
Atención a 47 maiores
O Goberno da Deputación atende a 47 maiores de Ourol aos que non ofrece asistencia a Xunta de Galicia. Faino con preto de 30.000 euros, que permiten o funcionamento do Servizo a Domicilio para non dependentes, que o Executivo autonómico deixou de financiar na súa totalidade en 66 Concellos da provincia; así como coa Teleasistencia gratuíta, que o organismo provincial ofrece a todas as persoas con dificultades en canto a súa autonomía, pois a Xunta só atende a aquelas catalogadas como dependentes, obrigándoos, ademais, ao copago. En Ourol, son 42 os maiores que contan co Servizo a Domicilio e 5 co de Teleasistencia.
7 novos postos de traballo
Son 7 os novos postos de traballo que xerou o Goberno Provincial en Ourol a través do DEPUEMPREGO, o seu plan de emprego nos Concellos de menos de 20.000 habitantes co que reforza as prestacións públicas municipais. Con 54.000 euros, o Executivo da Deputación asume os custos laborais de 5 peóns forestais, 1 peón de servizos múltiples e 1 electricista. Estes profesionais reforzan o servizo de conservación municipal.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



