Ribadeo, 4 de xullo de 2017. Xa está na rúa o terceiro número de A Gaceta Ribadense, o xornal ideado e deseñado por Justo García que publica Faro Norte Comunicación con motivo do Ribadeo Indiano. Nesta ocasión foron editados 4.000 exemplares de 24 páxinas, que se repartirán gratuitamente nos máis de 70 establecementos colaboradores, nos puntos de venda de prensa habituais e polas rúas da vila ribadense durante o festexo.
Neste número da publicación poderán ler escritos de dúas novas firmas “fichadas” por este xornal, o letrado (nos dous significados da palabra) Antonio Fernández e Rubén Abelaira (da Asociación Lucense de Automóviles Antiguos), que se unen a seis articulistas que xa participaron nos números anteriores desta gaceta: Martín Fernández Vizoso, Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño, Pablo Rodríguez (Vivin), María José Fernández Azpeitia e Carmen Cruzado.
Tamén se inclúen textos sobre o Ribadeo Indiano do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde; do alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia; e do presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, David Martínez Martínez.
Ademais nesta publicación poderán atopar outros contidos, como o programa completo de actividades do Ribadeo Indiano 2017 e un gran número de fotografías captadas durante a celebración deste evento na edición do ano pasado.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



