Ribadeo 30-8-17. A mediados de xullo de 2016 o colectivo “Por Nuestro Faro”, asesorado, sen ocultalo, pola Sociedade Española de Ornitoloxía remitiu a primeira denuncia ao Defensor del Pueblo sobre irregularidades na tramitación do expediente de concesión e licencia de obra para o proxecto de Hotel no faro da Illa Pancha. O 16 de febrero de 2017, cando as obras xa estaban moi avanzadas, o Defensor emitiu o seu primeiro informe dándonos a razón sobre a falla de Estudo de Impacto na Rede Natura 2000 e sobre o desdoblamento irregular dos proxectos para hotel e cafetaría e mesmo suxerindo a paralización das obras. Este primeiro informe iba dirixido fundamentalmente a Autoridade Portuaría e collía de cheo ao concello de Ribadeo por desdoblar o expediente e conceder a licencia e á Xunta de Galicia polas suas competencias en medio ambiente. Nengún destes organismos se deu por aludido, apoiandose uns nos outros e dando largas ata que se remataron as obras. A mediados me maio a Autoridade Portuaria ainda non dera resposta ao informe do 16 de febrero.
A información que temos agora é a seguinte: Dende o día 22 de Agosto está pendurada na páxina web do Defensor del Pueblo a sua resposta ao informe dos servizos xurídicos da Autoridade Portuaria, no que se manifestaba sobre o primeiro documento emitido pola oficina do Defensor o 16 de febreiro de 2017. Para acceder a esta páxina hai que dispor dunha clave específica, pero remitimos o documento íntegro aos medios de comunicación e publicámolo na nosa páxina de facebook.
A oficina do Defensor remitiu este novo informe á Autoridade Portuaria, Xunta de Galicia, Concello de Ribadeo e ao noso colectivo. Despois de nove días de pacente agarda a ver se alguén piaba, nengún dos organismos aludidos deu sinais de vida, polo tanto temos que ser nos, mais unha vez, os que póñamos a información a dispor do vecindario. Están desculpados, comprendemos perfectamente que hai outras prioridades, concertos, festas, enchentes, etc.
De xeito moi resumido temos que suliñar que o Defensor volve darnos a razón de pe a pa en canto a que no expediente falta o informe preceptivo de afección á Rede Natura 2000, requisito imprescindible para tramitar a concesión e dar a licencia de obra. O Defensor reitera a sua argumentación xurídica anterior e desmonta a parafernalia de disculpas tontas da Autoridade Portuaria que segue insistindo en que as obras se limitan á reforma interior do antigo faro versus non hai afección a Rede Natura 2000, nen a pode haber. Díxolo Xan, punto redondo.
O certo e que as obras están rebasando amplamente a suposta “reforma interior”para a que foi xestionada a concesión e concedida a licencia municipal, como puido comprobar nas últimas semanas todo aquel que teña ollos na cara ou consulte os medios,anque cecais a divulgación non foi excesiva. Muretes, excavacions, barandillas, etc, non son inventos nosos, están á vista do público, así como visitas, festas ou posibeis actividades por fora do edificio. Pero Puertos non toma nota das nosas denuncias e o Concello de Ribadeo so atende ao que diga Puertos, polo tanto, como o papel terma polo que lle boten, aquí non hai mais que falar da suposta reforma interior.
Pero o ultimo informe do Defensor vai moito mais alá. Describe con pelos e sinais as normas que esixen unha avaliación dos impactos futuros da actividade turística, a presencia human, o sistema de eliminación de residuos, as actividades propias do uso hosteleiro, as entradas e saídas de automoveis, etc. A omisión reiterada desta avaliación por parte da Autoridade Portuaria e tan palmaria como o a calada do concello de Ribadeo que ainda non sabemos para que se presentou como parte interesada no expediente do Defensor, despois de calificalo de incompetente.
En resumen outra pescozada a este nefando proxecto e outra confirmación irrebatibel das denuncias do colectivo Por Nuestro Faro que seguirá prantexando a riola de irregularidades que ainda están sen analizar, como son a concesión por via directa de 500 metros cadrados no canto dos 4300 que ten a illa ou a falla dunha memoria de sostibilidade económica que exixen as leis vixentes.
Evaristo Lombardero Rico, “Colectivo Por Nuestro Faro”






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



