Lugo, 4 de setembro de 2017. O Goberno Provincial mellora ano tras ano os datos de participación nas rutas fluviais que ofrece pola Ribeira Sacra. Rematou o 2016 cun incremento de usuarios do 15%. No que vai de tempada, é dicir, dende abril e ata finais deste pasado mes de agosto, rexistrou case 40.700 viaxeiros, o que supón un 20% máis que no mesmo período do ano pasado. Polo tanto, o aumento de usuarios é do 35% dende abril de 2016 e ata a hoxe, cando segue a tempada.
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, explicou que “dende que estamos á fronte da área de turismo melloramos os servizos das rutas fluviais, conscientes das súas oportunidades económicas, co obxectivo de promover a Ribeira Sacra. Melloramos as propias embarcacións, habilitamos unha oficina de atención turística ao público no embarcadoiro de Doade ou unha renovada Central de Reservas, que funciona as 24 horas. Tamén intensificamos as actividades de posta en valor da contorna como, por exemplo, o Festival Internacional de Música 17º, que reuniu a milleiros de persoas en emblemáticos espazos da Ribeira Sacra, como no embarcadoiro da Deputación en Doade, nas adegas ou nos miradoiros. Seguiremos a potenciar as rutas fluviais e as actividades na Ribeira Sacra ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo e de cara o seu merecido recoñecemento internacional”.
Participación de abril a agosto nas dúas rutas
Dende abril e ata finais de agosto, foron, exactamente, 40.679 persoas as que navegaron polas rutas de Doade e Belesar, o que supón un incremento de 7.212 persoas que no mesmo período do 2016.
A ruta fluvial de Doade foi a que máis aumentou o número de viaxeiros durante estes 5 meses. En total, foron 32.111 persoas as que viaxaron polo “Canón do Sil”, aumentando en 4.812 pasaxeiros en relación ao ano pasado.
Pola súa parte, a “Ruta do Cabo do Mundo” en Belesar, contou con 8.568 viaxeiros, incrementado en 2.396 as persoas que participaron en comparación co mesmo período de 2016.
Continúa a tempada
As rutas en catamarán polos ríos Miño e Sil seguen abertas. O horario do funcionamento das viaxes é:
– Doade: “Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina; de luns a domingo, e días festivos, en horario de 11:30, 16:30 e 19:00 horas. Na viaxe, pódese desfrutar dos Miradores de Pena do Castelo, Chelos, Cadeiras, Soutochao, as Ribeiras do Sil ou as vides de Amandi. Nas proximidades desta ruta pódense visitar adegas, miradores, interesantes mostras de arquitectura relixiosa de estilo románico ou a singular cerámica de Gundivós, caracterizada pola súa cor negra.
– Belesar: “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, no Concello do Saviñao; os sábados, domingos e festivos nacionais ás 11:30, 16:30 e 19:00 horas. Con esta ruta, os viaxeiros coñecerán as Aldeas de Ribeira, as Vides, a Praia da Cova ou a Illa de Maiorga, entre outras belezas naturais. Nas proximidades desta ruta pódense visitar adegas, facer sendeirismo ou desfrutar das numerosas igrexas románicas da zona
Reservas
Os interesados en participar nalgunha das rutas fluviais poden formalizar a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar ou comprar os billetes; así como solicitar todo tipo de información. Pódese facer on line en www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a domingo de 9:00 a 19:00 horas no teléfono 982-26-01-96 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, concretamente no departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos os interesados.
O prezo por billete de cada ruta fluvial é de 9 euros. Hai tarifas reducidas de 5 euros para maiores de 65 anos, carné xove e nenos entre 4 e 12 anos. Os nenos de 0 a 3 anos viaxan totalmente gratis.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



