No solpor do domingo 14 de outubro os 80 lumes da longa ponte deixaran milleiros de hectáreas queimadas e un gravísimo dano ambiental e mesmo existía perigo para a vida humana e para infraestruturas sociais básicas. Estaba curtada a A-52 n’As Neves, a AG-57 (a autoestrada de Vigo a Baiona) á altura de Vincios-Gondomar e a OU-101 de Ourense a Maceda. O fume ateigaba a área urbana de Vigo.
Núñez Feijóo e a conselleira Ánxeles Vázquez eran ben conscientes da seca e da probabilidade de altas temperaturas e ventos do sur moderados ou fortes neste tempo de outono. Mais preferiron falar de Catalunya nos medios e encomendarse ao deus da choiva (que semella será o que nos salve este luns). Na fin de setembro non se lles anovou o contrato a 436 brigadistas, coma se só arderan os montes no verán.
Amáis da delongada seca e da presenza dos tres 30 nas temperaturas, velocidades do vento e humidade ambiental, o lume progresa polo moi curto traballo de prevención dun Goberno galego e pola súa fáctica inaplicación a lei de incendios forestais do 2007 (que prioriza a atención extintiva e a prevención nas contornas habitadas e das infraestruturas viarias, sociais e enerxéticas) . O traballo de deconstrución do PP liquidou de feito os Bancos de Terras e a reordenación territorial das Unidades de estión Forestal. Mentres, a (non) política forestal segue os diktats pirófitos da grande empresa privada ENCE, á que lle interesa un monte galego inzado de eucaliptos que se vendan a baixo prezo.
Coma sempre ao longo destes oito anos e medio do seu Goberno, Feijóo só sabe falar nos media e botarlle a culpa aos outros. Non conten vostedes con él para unha xestión eficiente ou para solucións prácticas. Este domingo os veciños da parroquia viguesa de Valadares houberon loitar sós contra o lume cos seus propios medios, do mesmo xeito que fixeron os mariñeiros arousáns de hai quince anos, canda o Prestige.
A ARRINCADEIRA. O DESPROPÓSITO DO 155.
Toda a xente ecuánime que coñece un chisco Catalunya e profesa os valores democráticos das sociedades avanzadas consideran que intervir ou suspender a autonomía catalá ao abeiro do artigo 155 da Constitución é unha barbaridade. A cuestión catalá amáñase negociando e, nos eu caso, votando con garantías, nunca coa Garda Civil. E menos botando mán das competencias catalás en seguranza ou educación ou ilegalizando os partidos independentistas.

















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



