Ribadeo, 17 de outubro de 2017. O Concello publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante os anuncios para a contratación en réxime de aluguer do subministro, montaxe e desmontaxe do alumeado ornamental da campaña de Nadal. Terá unha duración de dous anos con posibilidade de prórroga dun máis e un investimento de 14.000 euros anuais. Neste 2017 a iluminación de Nadal chegará á praza de abastos, á praciña de San Roque, á rúa Virxe do Camiño e ao quiosco da música. Ademais o Concello tamén anuncia a adquisición dun vehículo tractor con dous apeiros de desbrozadora. O investimento ascende a 90.000 euros máis IVE. As empresas interesadas dispoñen de oito días naturais para presentar as súas ofertas.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, contou que “publicamos hoxe os anuncios tanto no perfil do contratante da páxina web do Concello como no Boletín Oficial da Provincia, primeiro un contrato para subministro, montaxe e desmontaxe en réxime de aluguer do alumeado ornamental da campaña de Nadal de Ribadeo. Qqueremos anticiparnos e facelo agora con tempo. Non queremos sustos doutros anos que a piques de empezar a campaña do Nadal non había as veces empresas que puideran subministrar. Queremos agora con calma licitar en aberto por un período de dous anos con posibilidade de prórroga dun máis, e cun valor estimado do contrato de 13.915 euros por ano”.
O rexedor dixo: “mantense o número de rúas e os espazos que se alumearon o ano pasado, que xa foron máis que o ano anterior, pero agora queremos darlle algo de máis impulso sobre todo ás zonas de transición entre o casco vello e a zona nova, especialmente na praza de abastos, na praciña de San Roque, no quiosco da música ou mesmo tamén na rúa Virxe do Camiño. Tamén queremos nesta licitación indicarlle ás empresas que se queren presentar que cada ano as rúas teñen que ir cambiando, non se poden repetir as decoracións nas mesmas rúas dun ano para outro. Este importe é cen por cen de fondos municipais e confiamos en que se presenten empresas capacitadas e cualificadas para facer este traballo”.
Suárez Barcia sinalou que “por outra banda tamén publicitamos o anuncio de adquisición dun vehículo tractor e dous apeiros de desbrozadora, unha de arrastre e outra de brazo, por importe de 90.000 euros máis 18.900 de IVE, un total de 108.900 euros. Temos que dicir que neste caso contamos cunha axuda importante da Xunta de Galicia, e todas empresas ou talleres que queiran participar terán un prazo de oito días naturais desde a data de hoxe para presentar as súas ofertas. Toda a información está publicada no perfil do contratante ou tamén no Boletín Oficial da Provincia de Lugo”.
O alcalde manifestou que “este novo tractor nos vai supoñer un importante apoio ao que xa temos nosoutros. Con dous vehículos funcionando ao mesmo tempo entendo que poderemos actuar mellor en todos os núcleos e estradas municipais, que temos quilómetros e quilómetros ao longo do noso concello”.





















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



