Lugo, 19 de outubro de 2017. O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Argelio Fernández Queipo, inaugurou este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos o VII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos que reuniu a representantes institucionais, así como secretarios, interventores, tesoureiros, e técnicos dos diferentes municipios lucenses. Trátase da sétima ocasión na que o Goberno da Deputación organiza un encontro cos actores do mundo local, para abordar temas de actualidade e dar resposta ás demandas dos 67 municipios da provincia.
Fernández Queipo subliñou que “somos conscientes de que nos últimos anos a transparencia e o acceso á información pública son dúas cuestións que cobraron especial relevancia. Por iso, queremos dar un paso adiante na comprensión destes momentos de cambio e ofrecer respostas aos entes locais, que lles permitan adecuarse a nova Lei de transparencia. Unha lei que facilita, sen dúbidas, achegar o día a día da Administración aos cidadáns”.
Ao longo do xornada, debateuse sobre as normativas de transparencia e a protección de datos persoais; así como a publicidade activa nas entidades locais, e o dereito de acceso á información pública. Por último, analizouse a normativa de transparencia e o acceso dos concelleiros á información municipal.
Poñentes
Para abordar todos estes temas contouse coa participación de dous expertos de recoñecido prestixio: Emilio Guichot Reina, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Sevilla, e especialista en Dereito da Comunicación, Protección de Datos e Transparencia, que foi o encargado de coordinar o Encontro.
E, por outra banda, Oriol Mir Puigpelat, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, autor de numerosos estudios sobre esta materia, que impartiu dous relatorios ao longo da tarde.
Nova Lei de Transparencia
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos así como as consecuencias derivadas do seu incumprimento.
A Lei establece as obrigacións de publicación que afectan as entidades públicas para garantir a transparencia na súa actividade e regula o dereito de acceso dos cidadáns á información pública. Esta normativa supuxo un cambio favorable e un paso adiante para lograr facer da Administración un sector máis transparente e controlado.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



