Ribadeo, 23 de outubro de 2017. O Partido Popular no Concello de Ribadeo denuncia a existencia desde hai moito tempo dunha finca no casco histórico chea de maleza de gran altura. O portavoz popular, Jesús López Penabad, explica que está a menos de 50 metros da Casa do Concello e nas proximidades da gardería municipal e engade que hai denuncias de veciños da zona desde hai máis dun ano pero que o Concello non resolveu o problema.
López Penabad lembrou que “a semana pasada o alcalde de Ribadeo sacaba un bando no que expoñía a todos os ribadenses que ía vixiar os montes que hai pegados aos núcleos rurais e ás casas e actuar, primeiro avisando e senón pasando o propio Concello a quitar as masas arbóreas que hai a 30 metros das casas e pasar a factura aos ribadenses. Como sempre, ameazando e pasando a pelota ao veciño, como se xa tivera pouco. Sempre actúa da mesma maneira”.
O portavoz popular no Concello ribadense engadiu que o alcalde “criticaba a lei de Montes da Xunta de Galicia pero á vez vai aplicala porque eses 30 metros é o que di a lei de Montes. Polo tanto non será tan mala cando a quere aplicar”.
Jesús López Penabad denuncia que “no casco histórico de Ribadeo, a menos de 50 metros do propio Concello, hai unha finca que está pegada á gardería infantil, por detrás dunhas vivendas que hai alí, todo rodeado de casas, que se encontra nun estado totalmente abandonado. Non é que o denunciemos só nosoutros, hai por parte dos veciños unha denuncia desde hai máis dun ano e aí non se fai absolutamente nada por parte do Concello”.
O portavoz popular critica que o alcalde “manda cartas e ameaza con sancionar cando non se fan os arranxos ou non se limpa, pero neste caso vemos unha finca que está no casco histórico e que supón un perigo porque non é só que poida arder, como no caso dos montes, senón que aí ademais de maleza debe de haber ratas e todo tipo de réptiles e outra fauna, que desde logo non resulta moi cómoda para os habitantes da zona. Pero o alcalde fai caso omiso non só do que lle digamos nosoutros senón tamén do que din os propios veciños porque levan máis dun ano denunciado esta situación. Nas redes sociais tamén pode verse estes días esa denuncia só fai falla pasarse por alí”.
Para Jesús López “é curioso que o alcalde faga estas ameazas, por dicilo dalgunha maneira, pero teña outras fincas en total abandono e desde o Concello non se faga absolutamente nada. A vara de medir non sei se é telescópica, para uns sitios si e para outros non, e o de ameazar coas sancións e algo que está collendo por costume”.
O voceiro do PP en Ribadeo cre que “antes de sancionar haberá que falar e intentar que se manteñan esas distancias porque é verdade que se hai un incendio corren perigo as vivendas. Polo tanto eu creo que é unha medida correcta, agora ben entrar ameazando e sancionando aos veciños de Ribadeo parécenos realmente lamentable. É un síntoma máis desa prepotencia coa que está actuando ultimamente o Concello de Ribadeo”.
Jesús López Penabad subliña que “hai que actuar en todos os lados, sobre todo nesta finca casco histórico de Ribadeo no que fai tanta falta”.



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



