Burela 24-10-17. A asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia ( Saude Mental Feafes Galicia) vai participar este xoves día 26 de Outubro nunha viaxe a Gijón , en conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental , celebrado ao longo de todo o mes de Outubro con numerosas actividades.
Con esta acción xunto coa finalización da Exposición de Xolo o próximo 31 de Outubro, darase fin a unha serie de actividades en torno ao Día Mundial da Saúde Mental, celebrado o pasado 10 de Outubro .
Nesta viaxe participaron 50 persoas, cun pláning de actividades moi interesante. Concretamente, durante a xornada do xoves, farán unha visita guiada or toda a cidade, ademais da tan esperada visita do Acuario.
Será unha actividade gratuita para tódolos participantes grazas ao apoio e cariño recibido por parte da nosa contorna, xa que gran parte da recaudación da cea benéfica anual será destinada a esta actividade; que de seguro redundirá moi positivamente na mellorara da calidade de vida de tódolos “viaxantes”.
Como directora deste colectivo, debo destacar que este tipo de actividades, permite aos nosos usuarios gozar dun tempo de disfrute e relaxación no que ademais se favorecen as relacións interpersoais e sociais e todo un conxunto de valores como a empatia, a amizade, a solidaridade …Asi contribuimos a lograr un grupo de apoio social e contribuímos a aumentar o sentimento de pertenza, e polo tanto o aumento da autoestima dos nosos usuarios, tendo como fin último a mellora da calidade de vida dos mesmos.
Por iso este tipo de actividades culturais e de “ocio terapéutico” son un denominador común no tratamento terapéutico dos nosos pacientes.
Maria José Nóvoa (Directora Técnica Xeral de “A Marina”)






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



