Ribadeo (Lugo), 26 de outubro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o obradoiro de emprego de Ribadeo, que botou a andar recentemente e veu a sumarse aos relevantes investimentos que ten en marcha o Goberno galego neste municipio.
Así, Balseiro explicou que no último año o investimento da Xunta con destino concreto en Ribadeo alcanza os 3,5 millóns de euros, e destacou proxectos como o obradoiro Doc-Tic, que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria con 140.188 euros e que continuará co labor de dixitalización de fondos documentais municipais que xa acometera o último obradoiro, que rematou o pasado mes de marzo.
O Goberno galego suma o financiamento deste novo obradoiro a outras achegas anunciadas nas últimas semanas. Balseiro destacou que só do Fondo de Cooperación Local, o concello recibe máis de 425.000 euros para investir nas obras e servizos que considere necesarios.
A Xunta destina 90.000 euros ao desenvolvemento da Área de Rehabilitación Integral e 30.500 ao Centro de Información á Muller (CIM), ademais de colaborar coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e procurar a contratación de persoal para servizos municipais, como o salvamento nas praias, capítulos nos que se investiron 23.000 euros. Neste sentido, tamén achegou recursos para contratar a cinco perceptores da Risga (48.500 euros).
Entre os apoios máis recentes cabe destacar os dirixidos á escola de música (8.686,49 euros) ou á adquisición dun novo tractor-desbrozadora (90.000 euros). O Plan Marco, de mellora de camiños municipais, suporá un desembolso de 59.000 euros, e no ámbito turístico invístense preto de 20.000 euros para sufragar o proxecto de mellora de información turística “Ribadeo Tecnolóxico” e a Xira de Santa Cruz, festa declarada de interese turístico galego.
A Xunta tamén apoia economicamente as obras de mellora da seguridade na travesía Franciso Iglesias (40.000 euros) e a instalación dunha rede de videocámaras no polígono industrial (15.000 euros). Igualmente, investiu 240.000 euros nas obras executadas na nova pavimentación e na reparación do noiro do peirao comercial de Mirasol.
Polo que respecta ao medio rural, o delegado sinalou que a Consellería do Medio Rural pagou este ano no concello máis de 2 millóns de euros en axudas da PAC e subvencións para a incorporación de mozos ao sector agrario.
Incremento do SAF
Balseiro lembrou tamén que o Goberno galego é a administración que se fai cargo de asumir a práctica totalidade dos gastos de funcionamento do servizo municipal de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia, achegando anualmente máis de 200.000 euros para este fin. Neste sentido, a Xunta incrementou o pasado mes de setembro en 558 o número de horas financiadas o que posibilita incorporación de novos usuarios.
Ademais, para concluír, Balseiro lembrou que o Goberno galego contempla no proxecto de orzamentos para 2018 que se presentou recentemente novas achegas, como os 247.000 euros que a administración autonómica destinará ao programa Rexurbe de rehabilitación do casco histórico ou os 100.000 euros que se pretenden investir en melloras da estación de autobuses.
Aposta polo emprego
O delegado territorial destacou que a Xunta continúa apostando polo emprego xuvenil a través de obradoiros de emprego especificamente dirixidos a traballadores desempregados menores de 30 anos.
No caso de Ribadeo, o proxecto Doc-Tic incorpora ao mercado laboral 15 mozos e mozas, oito dos cales se formarán na especialidade de produción fotográfica e o resto na de operacións de gravación e tratamento de datos.
O obradoiro, no que tamén traballan un director e dous monitores, dará continuidade ás tarefas de identificación, clasificación, ordenación ou dixitalización de documentación históricos do concello de Ribadeo.
Balseiro destacou que, unha vez que remate a formación, os participantes obterán un certificado de profesionalidade que os acredita para exercer o novo oficio en calquera punto do Estado.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



