Viveiro a 3 de decembro de 2017. Esta vez a xente de SOMOS UNHA ÁREA-VIVEIRO estivemos no estadio de Cantarrana no partido entre o Viveiro C.F e o San Tirso S.D.
Dende o mundo do fútbol, este domingo, quixemos visibilizar e manifestar -sendo protagonistas os xogadores- que a nosa Comarca non quere un cambio de modelo do mapa sanitario encamiñado a centralizar as prestacións en Lugo.
Denunciamos tamén que a calidade dos servizos sanitarios se foi deteriorando, de xeito que, por exemplo, falta de persoal médico, de enfermería, administrativo, material no noso centro de saúde. Cando falta un pediatra non se cobre a súa ausencia, quedando un só profesional para atender ás nenas e nenos de Viveiro, Ourol e O Vicedo.
Ao mesmo tempo, tamén denunciamos que cando falta un médico de familia ou unha enfermeira tampouco se cobre a súa ausencia o que da lugar a unha peor calidade asistencial e longas listas de espera para ir a consulta, a por receitas, ou a facer unha analítica.
Seguimos e seguiremos a esixir a retirada do Proxecto de Reforma da Lei Galega de Saúde, que non se supriman as áreas sanitarias e que a da Mariña sexa unha área sanitaria integrada propia como a comarca de Ferrol.
Tamén pedimos a mellora na atención primaria e dotación de recursos económicos e humanos para mellorar a calidade asistencial no Hospital da Costa.
O noso agradecemento ao Viveiro Club de Fútbol. Grazas rapaces!





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



