
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
interesados xa van a estar de vacacions. A actividade desenrolarase en sesions e mañan e tarde e será TOTALMENTE GRATUITA.
Formaranse 6 grupos nos cales poderán participar un máximo de 8 persoas por grupo, con unha duracion de 1 hora para cada grupo. Cada dous participantes estarán o cargo dun buceador profesional.
Turnos: 10:30h.-11:30h. 12:30h. pola mañan e 16:30h.- 17:30h.- 18:30h. pola tarde. Cada participante deberá de traer unha camiseta, para que se lle adapte mellor o equipo de buceo composto por chaleco hidrostático, botella de aire, e regulador. Cada participante recibirá unha pequena charla, como explicación de como funciona un equipo de buceo, e despois practicará na Piscina sobre 45 minutos.
A citada actividade e totalmente segura, e moi agradecida para todos, pois van a poder experimentar o poder estar sumerxido respirando debaixo da auga, sendo unha experiencia inesquicible. Cada participante tamén recibirá un Diploma acreditativo do seu Bautizo de Buceo, asi como fotos da actividade.
A Piscina Municipal de Xove, fixo o seu primeiro Bautizo de Buceo no ano 2001, e despois nos anos 2002 e 2003 impartironse varios Cursos de Buceo Deportivo, nos cales participaran unha gran catidade de xente do Concello de Xove. Todos estos Bautizos de Buceo son impartidos por persoaol do Centro de Actividades Subacuaticas de Viveiro, o cal é un dos clubs de buceo mais experimentado da Mariña, e que conta con grandes profesionaldes do buceo nas suas filas.
Dende a Piscina Municipal de Xove, queremos animar a todos os interesados, a participar, os cales poderan inscribirse chamando o 982 592001, ext. 225,(Piscina), ou acercandose a Piscina para facer a inscrición.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



