Cervo, 20 de marzo de 2018.- O Concello de Cervo celebrará XV Encontro de Palilleiras o sábado, 7 de abril, no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, en compañía das palilleiras de San Ciprián.
Villares e Armada indicaron que xa se recibiron moitísimas chamadas de asociacións interesadas en participar no Encontro, e a día de hoxe xa temos preto de 500 palilleiras anotadas; “é moita a expectación que xera este evento no que levamos meses traballando, e é gratificante ver que ese esforzo se ve amplamente recompensado porque nos consta que as palilleiras que veñen a Cervo, quedan con ganas de repetir, e, de feito, a maioría volven visitarnos; a nosa é unha cita que teñen marcada no calendario de ano en ano”.
As palilleiras interesadas en sumarse ao evento poden inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).
No recinto tamén se vai instalar unha carpa de gran tamaño na que se ubicarán medio cento de postos de venda de produtos relacionados coa actividade, procedentes de todo o territorio nacional, que están cubertos xa dende hai semanas.
Con 15 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consodidado en Cervo , “que cada ano atrae a centos de visitantes ao noso Concello, que se convirte esa
fin de semana na capital desta arte, unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva”, indicou o alcalde.
“O que pretendemos desde este equipo de Goberno é promover eventos que, ademais do inherente valor cultural e tradicional, revirtan económicamente en Cervo e no seu tecido empresarial como é o caso, xa que estimamos que entre palilleiras, acompañantes e visitantes, esa fin de semana achegaranse ao noso Concello máis de 1000 persoas, que poderán coñecer tamén os atractivos turísticos, gastronómicos e patrimoniais do municipio; conseguindo así, ao tempo, desestacionalizar o turismo; de feito, a ocupación hotaleira xa sabemos que rondará o 100% no noso Concello e na contorna”.
Ademais, -engadiu o rexedor- “dende o Concello fletaremos autobuses antes do xantar para que os asistentes poidan coñecer o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e a Fábrica, referente non só de Cervo, senón de toda Galicia; e os locais que temos habilitados no edificio das Cabalerizas destinados aos emprendedores que desexen desenvolver a súa actividade nesta contorna excepcional”.
Armada apuntou, así mesmo, que “faremos entrega de diplomas acreditativos aos mozos e mozas que veñan palillar, ademais de diversos sorteos que temos previstos nunha xornada que estará amenizada ao son das gaitas”.
Villares e Armada convidaron a todo o mundo a asistir a este Encontro no que se poderá “gozar da beleza dos traballos confeccionados por expertas palilleiras e da súa destreza en vivo, contribuíndo así á conservación e posta en valor deste oficio con gran tradición e séculos de historia”.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



