Este martes poranse á venda en Burela 300 entradas para ver a Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán o vindeiro 15 de xuño na Casa da Cultura co seu traballo Somos criminais. Poderán adquirirse na Biblioteca e no restaurante Mis en Plas, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz, desde 10 euros. Nesta comedia Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán fanse unha serie de preguntas sobre Galicia, como si temos unha cultura propia ou se delinquimos como galegos. Os dous actores analizan e dramatizan sobre crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por inconsciente ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por mor das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotráfico galego. As entradas para este espectáculo seguen tamén á venda en internet en ataquilla.com





















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



