Lugo, 30 de maio de 2018.- A práctica totalidade dos concellos lucenses, 65 dos 67 municipios da provincia (todos menos Pobra de Brollón e Rábade), terán subscritos este verán coa Consellería do Medio Rural os convenios de prevención e extinción de incendios nalgunha das tres modalidades dispoñibles: contratación de brigadas, actuación das motobombas municipais e/ou roza de camiños.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, puxo en valor esta liña de colaboración do Goberno galego coas entidades locais que só na nosa provincia suporá un investimento da administración autonómica de ao redor de 3,5 millóns de euros.
73 brigadas, máis de 360 novos empregos
Así, 56 concellos lucenses crearán, co apoio da Xunta, 73 brigadas municipais que se encargarán de labores de vixilancia e defensa contra o lume. Terán entre 4 e 5 compoñentes, polo que o número total de contratacións poderá superar os 360 profesionais. Este persoal ten como principal obxectivo, ademais de servir de unidade de primeira intervención en caso de incendio, a limpeza das faixas de xestión de biomasa en terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido.
Motobombas e rozas en 5.852 hectáreas de terreo
Outros 41 municipios recibirán financiamento da Xunta para garantir a actuación e operatividade dos vehículos motobomba municipais. E, finalmente, 57 concellos lucenses acolléronse á modalidade do convenio que contempla o financiamento de tratamentos preventivos en vías de titularidade municipal, polo que se estima que se rozarán, no conxunto da provincia, 6.430 hectáreas de terreo.
Principais novidades
Balseiro explicou que, no que respecta á sinatura dos convenios, as principais variacións con respecto ao ano anterior veñen dadas pola nova incorporación do concello do Incio, que por primeira vez contratará unha brigada municipal de 4 compoñentes co apoio da Xunta. A maiores, outros cinco concellos decidiron ampliar as modalidades ás que se acolleron, así acontece cos municipios de Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro (todos contarán cunha brigada máis), con Mondoñedo e as Nogais (que se acolle á modalidade prevista para financiar a actuación das motobombas) e co municipio de Pol (que incrementará o número de hectáreas que ten previsto rozar)
Ofrecemento a todos os concellos da provincia
Desde a Xunta salientan que ofreceron a posibilidade de asinar estes acordos a todos os municipios, e que se contactou con cada un dos gobernos locais para lembrarlles a súas obrigas en materia de prevención e extinción de incendios e para seguir ofrecendo estas vías de colaboración.
Tamén como novidade, a Xunta está traballando na posta en marcha dun convenio coa Fegamp que servirá para axudar os gobernos locais a cumprir coas súas obrigas no ámbito das redes secundarias de xestión da biomasa e para o cal se prevé destinar outros seis millóns de euros suplementarios no conxunto da comunidade.
Tendo en conta a boa acollida dos convenios ofrecidos pola Xunta, Balseiro concluíu que estes datos amosan que a maioría dos concellos comparten a “sensibilidade” da Xunta “por traballar conxuntamente fronte á lacra dos incendios”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



