Burela 7-8-18. O ala burelao Iago Míguez Expósito estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, na súa presentación oficial esta semana: “Son o xogador que todo o mundo recorda, pero sen dúbida volvo con moita ilusión e máis ambición se cabe para facer algo grande para o meu club e a miña casa, e sobre todo querendo gozar dun ano bo para todos”, explicaba o 5 mariñán no regreso á Familia Laranxa, tras a súa tempada no Catgas Energía, de Primeira.
Nesta nova etapa, Iago volve atoparse non só con Juanma Marrube, co compartiu pista, senón tamén con Matamoros, Hélder ou Renato: “Vexo un grupo que o ano anterior que fixo unha tempada incrible. Hai unha base moi boa de traballo; con esa base á que nos sumamos as incorporacións estamos a facer un cadro moi bo, con ilusión por todo”.
O conxunto xa leva seis días de pretempada: “Estamos a traballar moitísimo, con varias sesións ao día, é tan duro como recordaba, pero os xogadores estamos moi implicados en todas as tarefas que nos está marcando o corpo técnico” aseguraba o burelao.
Movistar, rival en Marín
Paseniño, o Pescados Rubén Burela FS vai coñecendo as probas de pretempada. O sábado 18, disputará o Torneo Marín fronte a nada máis e nada menos ca o Movistar Inter (A Raña, 19,30 horas): “Sendo un dos mellores equipos do mundo, por non dicir o mellor, sabemos que vai ser un encontro moi duro. É unha proba boa para nós; despois de dúas semanas de pretempada vai ser un bo test para seguir mellorando”, explicaba o ala.
Anhelo de Vista Alegre
Iago Míguez devece por volver pisar Vista Alegre diante da Bancada Laranxa. “Seguín o equipo todo o ano. En partidos como o play off con Betis e outros televisados, eu tamén quería estar na pista, sen dúbida. Estou desexando que chegue o momento de volver disfrutar coa miña xente, veciños, amigos, familia… Vestir a camisola laranxa e representar a miña vila é moi especial para min e de moito orgullo”, dicía con emoción o 5 laranxa, que poderá cumprir o seu desexo no III Torneo Burela Bonita (31 de agosto e 1 de setembro) xunto a Palma Futsal, Santiago Futsal e Noia Portus Apostoli, unha cita que incluirá competición xuvenil tamén con insulares, composteláns, burelaos e a EDM Guitiriz.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
