Ribadeo, 26 de outubro de 2018. O Concello de Ribadeo estivo presente nunha xuntanza para analizar a constitución da asociación de entidades locais pola lingua galega. O edil de Cultura, Farruco Graña, asistiu ao encontro celebrado en Santiago.
O edil ribadense explicou que “este xoves celebrouse no compostelán Pazo de Raxoi unha xuntanza de cargos municipais con responsabilidade na política lingüística, tanto técnicos como políticos, co obxectivo de avanzar na creación da asociación de entidades locais pola lingua galega, co fin de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. Entre os asistentes estiven eu como concelleiro de Cultura do Concello de Ribadeo. Tamén cabe destacar a presenza de cargos políticos e técnicos de normalización lingüística dos Concellos da Baña, A Coruña, Ames, Ferrol, Narón, Nigrán, O Grove, Oleiros, Ourense, Ponteareas, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Rianxo, Rois, Sada, Teo, Vilagarcía e Vimianzo. A pouco que nos fixemos, ben se ve polos Concellos nomeados que son de todas as cores políticas porque todos podemos ter ese proxecto conxunto de traballar pola lingua galega”.
Farruco Graña dixo que “todos estes Concellos, e nomeadamente tamén o de Ribadeo, participamos en diferentes iniciativas de promoción da lingua galega, como son: o programa Apego, do cal xa temos feito moitas actividades aquí en Ribadeo; o certame Youtubeir@s, co cal xa temos colaborado e participado mozos e mozas de Ribadeo ao longo destes dous anos; ou tamén unha novidade para nós que é o Club de Debate, que desde logo imos estudar desde o Concello de Ribadeo”.
O concelleiro de Cultura sinalou que “é vontade de todos os Concellos que participamos nesta reunión, lograr que se incorporen novas entidades á asociación. Para poder facelo deben desenvolver actuacións encamiñadas á normalización lingüística, e teñen que contar no seu organigrama con persoal técnico de normalización lingüística, ou no seu caso con persoal que leve á práctica ditas actuacións”.
Graña subliñou que “o obxectivo desta asociación de entidades locais pola lingua galega vai ser o de promover a colaboración entre as distintas institucións, para lograrmos unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua. Ter que coordinarnos vinte Concellos para entre todos dispoñer un contrato para adquirir determinados bens é complexísimo. Grazas a esta entidade, vinte, trinta, corenta Concellos, os que sexan que nos sumemos a ela, será moito máis doado coordinar os esforzos programáticos que entre vinte sería máis complexo”.
O concelleiro de Cultura en Ribadeo manifestou que “nesta reunión analizamos un borrador dos estatutos da entidade que pretendemos constituír e os distintos Concellos asumimos o compromiso de seguir traballando para constituír formalmente a entidade nos vindeiros meses. Levaremos esta proposta a pleno, plantexarémola e darémoslle aprobación, agardamos que co maior consenso posible e posteriormente, unha vez que todos o aprobemos e tomemos esa decisión de ser o caso, procederemos á constitución de dita entidade para entre todos e todas traballar máis a fondo a prol da lingua galega”.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



