Tapia 27-10-18. Inclusiones18 é un espectáculo colaborativo que se encadra dentro dun proxecto interartístico moi especial. Trabállase dende a diversidade para integrar a capacidade creativa de todas as persoas nunha posta en común, con independencia das capacidades físicas ou psíquicas dos participantes. Deste xeito, saliéntanse as habilidades artísticas existentes por igual en todas as persoas. O resultado final amosará o traballado ao longo das semanas nos obradoiros específicos, que serán a base sólida para crear un espectáculo a celebrar no auditorio de Ribadeo o 30 de novembro.
Neste proxecto colaboran tanto institucións, como profesionais, familias, amizades e artistas. A meta é conseguir unha expresión artística que vertebre unha linguaxe visíbel e universal: a beleza da arte a través da capacidade creativa innata. Traballarase proporcionando apoios entre todas as persoas que forman parte de cada proceso, de cada obradoiro e de cada posta en escena. Desta maneira, os participantes poderán aprender das capacidades creativas do resto de involucrados na iniciativa e, ademais, conseguirase unha maior interartisticidade entre as propostas e os resultados que finalmente cada persoa ou grupo decida levar a cabo. Así, non só se traballa dende o punto de vista creativo, senón dende a comprensión e a empatía.
Os obradoiros creativos e as zonas de influencia limítanse á zona occidental de Asturias e á oriental galega. Só deste xeito traballan entidades que realmente se involucren na causa que está promovendo a Fundación Edes de Asturias (Tapia de
Casariego) outro ano máis. Marina Oural e Ugia Pedreira serán as encargadas por segundo ano consecutivo de desenvolveren os papeis de directora artística-escénica e de directora musical-composición, respectivamente. Elas ofrecerán suxestións artísticas tiradas dende diferentes mundos creativos como a poesía, a música, o movemento en escena etc. Mais son as persoas participantes as que realmente aportarán o valor acaído ás súas propostas, pois cada idea será adaptada polos asistentes aos obradoiros na medida na que consideren. Grazas aos exercicios, poderán contribuír á elaboración da súa posta en escena para o último venres do mes de novembro. Ese día, poderán exteriorizar coa súa implicación artística o valor do seu traballo, así coma o seu xeito único de sentir e de expresar.
O que se pretende é visibilizar e normalizar as creacións artísticas de todas as persoas. Ademais, tamén se procura o descubrimento das habilidades creativas dos participantes que aínda non atoparon a expresión artística coa que se senten cómodos. Como fin última, deséxase ofrecer un apoio a todas as persoas que conviven coa diversidade funcional, xa sexa directa ou indirectamente. Para logralo, o obxectivo céntrase na creación de espazos diferentes que abran unha vía comunicativa por medio de múltiples modalidades da arte que poidan ser integradas no día a día.
Para máis información, Clara Vidal e Marina Oural colaborarán coa Fundación Edes nas comunicacións externas, nas mecánicas e nos logros conseguidos a través do traballo en colaboración de todas as persoas que forman parte do proxecto. O enderezo electrónico inclusionesedes@gmail.com está habilitado para recibir comunicacións sobre o proxecto.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



