En relación coas manifestacións recollidas nese medio por parte do portavoz do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, o Grupo de Goberno do Concello de Riotorto quere manifestar o seguinte: 1º N... Ler máis
José Ramón Gómez Besteiro vén de enviar unha carta aos secretarios e secretarias xerais do PSdeG en Galicia tras ser refrendado como candidato de forma oficial, para que estes a fagan chegar... Ler máis
Riotorto 6 de agosto de 2013.- Logo da sesión plenaria municipal celebrada no concello de Riotorto, onde socialistas e nacionalistas votaron en contra da moción popular onde se manifestaba o... Ler máis
Barreiros, 6 de agosto de 2013. O pleno deste luns en Barreiros deixou noticias sorprendentes. Segundo anunciou o Alcalde na propia sesión, “a partir dese momento non se debaterá en Barreiro... Ler máis
O día 2 de agosto o PP de Viveiro emitía unha nota de prensa publicada en distintos medios sobre a posibilidade de que a gardería non estivese aberta en setembro para o normal inicio do curs... Ler máis
No último Pleno do Concello de Viveiro, celebrado o pasado 1 de agosto de 2013, o interventor accidental daba conta da relación de facturas enviadas ó Ministerio, en cumprimento do R.D. Ley... Ler máis
A Mariña, 5 de agosto de 2013. O Bloque Nacionalista Galego da Mariña denunciou na xornada de hoxe a decisión do goberno do Estado de modificar o actual marco tarifario coas consecuencias qu... Ler máis
Unifoz denuncia “unha vez máis a incompetencia deste goberno do PP de Foz”. Neste caso. en materia de alumeado público. Así, “mentres noutros concellos se suman a plans de aforro enerxético... Ler máis
“A pouca atención en mantemento das praias, a falta de limpeza no pobo, a mala xestión en recollida de residuos, son aspectos que se terían que corrixir” no municipio focego segundo manifest... Ler máis
Lugo, 3 de agosto de 2013.- O Partido Popular de Lugo censura que o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, xunto a outros responsables nacionalistas, traten de tapar con “mentiras e ca... Ler máis
Barreiros, 3 de agosto de 2013. O Bloque Nacionalista Galego ten rexistrado no Concello de Barreiros numerosas preguntas a respecto de cuestións xurdidas nas últimas semanas e que lles fixer... Ler máis
Cervo, 3 de agosto de 2013.- O Pleno da Corporación Municipal de Cervo debaterá, a proposta do Partido Popular, a petición para que o BNG devolva os salarios que indebidamente percibiu Xoán... Ler máis
José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, entregou ás 17.00 horas desta tarde na sede do partido en Santiago 5.400 sinaturas que avalan a súa candidatura, a falta da... Ler máis
A Mariña, 2 de agosto de 2013. Un grupo de militantes do BNG, encabezados por unha delegación da executiva da organización nacionalista, remitiron na xornada de hoxe por mensaxería uns paque... Ler máis
Fronte ás afirmacións da Ministra de Emprego, Fátima Báñez, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, de que a reforma laboral conseguiu reducir o incremento do paro e de que se... Ler máis
Lugo, 2 de agosto de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular vén de detectar o que cualifica como unha trama con traballadores liberados ao servizo do BNG pero que viña percibindo un sa... Ler máis
En vista de que a estas alturas do verán, pois xa entramos no mes de agosto, o estado de falla de limpeza e abandono da gran maioría das praias do concello continúa a prexudicar a imaxe de F... Ler máis
Barreiros, 2 de agosto de 2013. O BNG de Barreiros califica a actitude do Alcalde Barreiros a respecto das praias e das bandeiras azuis como “unha auténtica tomadura de pelo e un cúmulo de m... Ler máis
O equipo de goberno de Mondoñedo responde ás acusacións do PP sobre a presentación do Mercado Medieval argumantando que: 1º.- O mercado medieval de Mondoñedo é o máis antigo de A Mariña e es... Ler máis
A Mariña, 1 de agosto de 2013. O BNG insiste en que non só as contas do Partido Popular en Madrid están baixo sospeita, senón tamén as do PP en Galiza, posto que foron xestionadas durante mo... Ler máis
Burela, a 1 de agosto de 2013.- O portavoz da Xunta Directiva do Partido Popular de Burela, José Luis Lois Losada, manifestou que “a Deputación vén de incumprir, un ano máis, os seus comprom... Ler máis
O Valadouro, 1 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular do Valadouro lembrou hoxe á tenente de alcalde, María José Fernández e ao conxunto do equipo de goberno local, que “se... Ler máis
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou este xoves que o proxecto de Lei de reforma da Administración Local aprobado polo Goberno de Rajoy supón “o maior ataq... Ler máis
Barreiros, 31 de xullo de 2013. O BNG aposta por outro modelo de xestión e de promoción turística e por iso cren que “os instrumentos dos que se dote o concello para regular o uso das praias... Ler máis
O Valadouro, 31 xullo de 2013.- O Grupo Municipal Popular do Valadouro –como forza política máis votada no municipio- formulará a petición oficial de convocatoria dun Pleno extraordinario pa... Ler máis
Lugo, 31 de xullo de 2013.- O Partido Popular valora co seu servizo xurídico a posibilidade de dar traslado á Xustiza dos feitos acontecidos co nomeamento da Xoán Estúa logo que durante o Pl... Ler máis
José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, expresou esta mañá a súa “satisfacción” por ter superado os 1.125 avais necesarios para facer oficial a súa candidatura e ap... Ler máis
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, denunciou que Xunta e goberno central “deixan totalmente desprotexidos e abandonados aos t... Ler máis
A Mariña, 31 de xullo de 2013. A responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña, Ana Ermida, recomenda ao presidente do Partido Popular de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, que... Ler máis
Mondoñedo, 31 de xullo de 2013.- O Partido Popular de Mondoñedo critica a xestión do equipo de goberno polo retraso na presentación do cartel do Mercado Medieval considerando “inxustificable... Ler máis

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



