Nota de prensa JESÚS MODESTO QUELLE VIDAL É O REPRESANTE DOS COMERCIANTES DE BURELA NA MESA LOCAL DO COMERCIO QUE SE CONSTITUIRÁ EN BREVE. Burela, 22 de febreiro de 2011. O comercio de Bure... Ler máis
Nota de prensa DARIA DAKTEEVA FOI A GAÑADORA DO MARATÓN FOTOGRÁFICO ORGANIZADO POLA DELEGACIÓN DE COMERCIO DURANTE A CAMPAÑA DE NADAL. NAS ÚLTIMAS HORAS TAMÉN TIVO LUGAR O SORTEO DOS TRES VA... Ler máis
Nota de prensa A DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO OFRECE AOS PROFESIONAIS DO SECTOR UN CURSO GRATUITO DE FRANCÉS NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE VIVEIRO * As inscricións poden realizarse por fax... Ler máis
Nota de prensa O MARTES REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO MARATÓN FOTOGRÁFICO QUE ORGANIZOU A DELEGACIÓN DE COMERCIO. Burela, 17 de decembro de 2010. O vindeiro martes, 21 de decembro, remata... Ler máis
Nota de prensa A DELEGACIÓN DE COMERCIO DESTINA 4.500 EUROS AOS PREMIOS DA CAMPAÑA DE NADAL A UN PASO DE TI O NOSO COMERCIO, QUE FOI PRESENTADA ESTE MEDIODÍA. Burela, 1 de decembro de 2010.... Ler máis
Nota de prensa ARIAS ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS PARA MODERNIZAR OS EQUIPAMENTOS COMERCIAIS DE 14 CONCELLOS LUCENSES * A delegada territorial anunciou en Sober as axudas... Ler máis
Nota de prensa O VINDEIRO LUNS DARÁ COMEZO A NOVA CAMPAÑA QUE ORGANIZA ACIA BAIXO O LEMA O COMERCIO FAI POBO, COMPRA NA TÚA VILA. OS QUE MERQUEN NOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS PODERÁN FACERSE... Ler máis
Nota de prensa OS COMERCIANTES DE BURELA PRETENDEN INICIAR A CAMPAÑA DE NADAL A PRINCIPIOS DO VINDEIRO MES DE DECEMBRO. ASÍ O ACORDARON NO ENCONTRO QUE MANTIVERON CON GONZÁLEZ LEGAZPI. Burel... Ler máis
Nota de prensa O DELEGADO DE COMERCIO DE BURELA CONVOCA O SECTOR PARA PREPARAR A CAMPAÑA DO NADAL. A XUNTANZA TERÁ LUGAR O VINDEIRO MÉRCORES POLA NOITE NO CONCELLO. Burela, 15 de novembro de... Ler máis
Nota de prensa 1/2 Arrinca con todas as prazas cubertas o programa personalizado e gratuíto Burela co seu Comercio – O Presidente da Deputación e o Alcalde de Burela inauguraron a inic... Ler máis
Nota de prensa: Últimos días para inscribirse en Burela co seu comercio, o 1º programa personalizado e gratuíto para a mellora do sector – Os comerciantes burelenses poden solicitar un... Ler máis
Nota de prensa RAQUEL ARIAS EXPLICA ANTE OS COMERCIANTES DE VIVEIRO O NOVO MARCO REGULADOR QUE INTRODUCIRÁ A PRIMEIRA LEI DE COMERCIO DE GALICIA REALIZADA NOS ÚLTIMOS 20 ANOS * A norma, q... Ler máis
NOTA DE PRENSA UNA TREINTENA DE ESTABLECIMIENTOS COMERCIALES PARTICIPARÁ EN LA SEGUNDA FERIA DE STOCKS DE RIBADEO QUE SE CELEBRARÁ DEL 27 AL 29 DE AGOSTO. Ribadeo, 24 de agosto de 2010. Una... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- ACISA/CCA conta xa con 165 socios, segundo os datos dados a coñecer hoxe por Beatriz Irigoyen, xerente do Centro Comercial Aberto. Nas últimas semanas foron quince os establ... Ler máis
RIBADEO (FNC) . O presidente de ACISA e CCA, Francisco Iriarte, asistiu esta tarde no salón de plenos do Concello de Ribadeo á entrega dos premios aos gañadores da quinta edición de Ribadeo... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O presidente de ACISA/CCA, Francisco Iriarte, o vicepresidente, Ramón Leivas, e a xerente do CCA, Beatriz Irigoyen, asistiron hai uns días en Santiago á presentación do Plan... Ler máis
RIBADEO (FNC) . ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo fan un balance moi positivo da I Ruta de Compras que se celebrou paralelamente ao Ribadeo de tapeo. A xerente do CCA di que... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Francisco Iriarte tomou posesión do seu cargo como novo presidente de ACISA e do Centro Comercial Aberto de Ribadeo. Entre os seus obxectivos figuran “aumentar o númer... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O presidente de ACISA/CCA de Ribadeo, Gervasio Cao, fixo hoxe balance dos 11 anos que leva no cargo e que nuns días deixará. Dixo que “foi unha decisión moi meditada e difíc... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo sortean 1.500 euros en vales de compra na campaña de San Valentín que se prolongará desde hoxe ao 14 de febreiro. A xerente do C... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O vindeiro sábado 2 de xaneiro a partir das 17:30 horas haberá animación polas rúas máis comerciais de Ribadeo. Trátase dun espectáculo con zancudo, pallasos e repartición d... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Delegación de Comercio de Burela pretende iniciar a campaña de Nadal con máis antelación que nas pasadas edicións. Así o acordaron na xuntanza que onte mantiveron os comerc... Ler máis
BURELA (FNC) .- A Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burla está a traballar na preparación da próxima campaña de Nadal. O concelleiro José González Legazpi sinala que “seguiremos... Ler máis
BURELA (FNC) .- As Concellarías de Benestar Social e Comercio de Burela inician hoxe a súa campaña de Volta ao cole por terceiro ano consecutivo coa que pretenden axudar ás familias e incent... Ler máis
BURELA (FNC) .- O concelleiro de Turismo, José González Legazpi, sinala que o grupo municipal do PP pretende enganar os comerciantes de Burela e subliña que desde o seu departamento “véñense... Ler máis
BURELA (FNC) .- O responsable de Turismo, José González Legazpi fai unha valoración positiva e satisfactoria da II Feira de Antigüedades e Coleccionismo que se celebrou en Burela desde o 14... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello de Burela está a mellorar o edificio de usos múltiples no que se atopan as oficinas da Axencia de Desenvolvemento Local e Novas Tecnoloxías do Concello, así como o... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- ACISA/CCA ven de firmar un convenio de colaboración coa a empresa de telefonía VODAFONE mediante o cal tódolos seus asociados poderán optar a produtos diversos relativos á c... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, considera que “todos estes actos levados adiante nesta longa fin de semana poñen de manifesto que Ribadeo é un sitio cunha importante... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O Centro Comercial Aberto de Ribadeo entregou xa 12 dos 39 premios postos en xogo na campaña do día do pai. Os establecementos asociados recibiron ducias de rascas para entr... Ler máis















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



