Sinala que a negativa do Executivo de Pedro Sánchez supón máis burocracia, máis custes e menos competitividade para os pequenos negocios Lugo, 14 de marzo de 2026. O PPdeG urxe ao Goberno ce... Ler máis
Candia defende a necesidade de reforzar o apoio aos autónomos e ao comercio local, cun plan permanente para dinamizar a actividade económica e de mellorar a accesibilidade, o aparcamento e a... Ler máis
Para os populares é “incomprensible” que o Goberno central opte por recorrer medidas que estaban a funcionar, especialmente cando “o Estado mantén unha importante débeda en materia de financ... Ler máis
Esta cifra sumarase aos máis de 25 millóns de euros que a Xunta prevé investir nesta zona cos seus orzamentos de 2026 Viveiro, 29 de novembro de 2025. Os deputados do Grupo Popular Cristina... Ler máis
“O relevo é fundamental para garantir a continuidade das actividades agrícolas, gandeiras e forestais”, aseguraron Cospeito, 6 de abril de 2025. As deputadas do Grupo Popular Cristina Sanz e... Ler máis
Pídese ao Goberno central que concrete liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation e inclúa unha subestación eléctrica para a subministración desta planta na planificación da... Ler máis
A deputada popular Cristina Sanz lembrou que “a administración que ten nas súas mans que se resolva a situación de Alcoa é o Goberno de Pedro Sánchez, polas súas competencias no sector da en... Ler máis
O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, realizou este venres un paseo polo centro da cidade de Lugo acompañado pola cabeza de lista pola provincia, Elena Candia, e os tamén candida... Ler máis
“Nin son capaces de xestionalos, nin de establecer o sistema real de cogobernanza coas comunidades, algo que vimos demandando desde o principio e que posibilitaría a convocatoria e adxudicac... Ler máis

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



