A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios... Ler máis
As sesións de lingua de signos, nas que os nenos e nenas aprenderon a comunicarse dun xeito diferente, divertido e inclusivo, e o taller de emocións ambas actividades da man de Rosa, e as sú... Ler máis
Estivo tamén aberto ao público en xeral dentro de Enredando no verán. Ler máis
Será este venres de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Peirao de San Cibrao con inscrición no mesmo sitio. Ler máis
As crianzas gozaron dunha primeira sesión chea de movemento, relaxación e diversión na Casa do Mar en San Cibrao, un espazo para coidar o corpo e a mente mentres se pasa un bo rato coas amig... Ler máis
Estivo instalado este venres no parque Reina Sofía, dentro do programa Enredando no Verán. Ler máis
Este mércores, 7 de agosto, haberá inchables acuáticos na Praia do Torno, tanto pola mañá como pola tarde. O xoves será a presentación do libro “Una tumba junto al mar”, de Javie... Ler máis
Cervo, 2 de agosto, 2024. Tiveron lugar este venres na Praia do Torno, dentro do programa Enredando no Verán. Ademais esta semana leváronse a cabo as Noites de fútbol praia 3×3 na Praza... Ler máis
A próxima semana as noites alternativas estarán protagonizadas polo Fútbol 3×3, a partir das 20:00 horas, na Praza dos Campos. Ler máis



















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



