CERVO .- A concelleira de Facenda do goberno do concello de Cervo, Chelo Gallego asegura que en dez anos reduciuse a débeda dun 176% a un 107% que existe na actualidade, pese ao “boico... Ler máis
CERVO .- Segundo indica a responsable de Facenda de Cervo, “o endebedamento municipal responde a operacións de crédito dirixidas a axilizar o pago aos provedores e pequenas e medianas... Ler máis
CERVO .- O grupo de goberno do Concello de Cervo lembra que a proposta do PSOE de rebaixar os soldos dos cargos públicos do concello “chegan cun ano de atraso” e lamenta que se d... Ler máis
CERVO .- A concelleira de Facenda de Cervo, Chelo Gallego, “insiste” en que a situación económica do Concello mellorou e di que a Xunta de Galicia é unha administración aliada. N... Ler máis
Nota de Prensa OS ARGUMENTOS DA CONCELLEIRA DE FACENDA DE CERVO PARA DEFENDER A XESTIÓN ECNÓMICA MUNICIPAL SERÍAN DE RISA DE NOS SER POLA SERIEDADE DO ASUNTO Un goberno que non elabora orzam... Ler máis
CERVO .- A concelleira de Facenda de Cervo definiu como “exemplar” a xestión económica do concello a pesares das dificultades coas que se teñen que enfrontar os concellos por mor... Ler máis
LUGO .- Na Cámara de Comercio de Lugo celebrouse un seminario gratuíto para formar aos empresarios sobre as vantaxes da factura electrónica, iniciativa posta en marcha pola Consellería de Fa... Ler máis


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



