BURELA (FNC) .- O xoves 18 de marzo ás nove e media da noite o grupo de teatro Axóuxeres de Vilaronte porá en escea a obra O velorio de Xan do Perolo. Segundo a concelleira de Cultura, Neves... Ler máis
CERVO.- A unidade pastoral e o Concello de Cervo distribuirán huchas polos locais comerciais e de hostalería do municipio para facer unha cuestación en favor de Haití, os cartos recadados se... Ler máis
Concerto solidario celebrado na noite do pasado venres no MiniBar en Ribadeo, que rexistrou un cheo absoluto. No Rock x Haití participaron un total de nove formacións ribadenses que fixeron... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo tamén lle envía unha carta ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, referida á proposta para acoller na vila a nenos haitianos. O... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- Ribadeo acollerá o vindeiro 19 de febreiro un festival benéfico para recadar fondos para Haití. No Rock x Haití participarán nove grupos da vila, que interpretarán varios te... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, agradécelle ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a dispoñibilidade do Concello “para contribuir a garantizar la pro... Ler máis
BURELA (FNC) .- Xa están á venda as entradas para asistir ao concerto de solidaridade con Haití que organiza o Concello de Burela. Os interesados xa poden adquirilas desde hoxe na biblioteca... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello de Burela organiza un concerto para recadar fondos e colaborar con Haití. O alcalde, Alfredo Llano, anuncia que “o concerto realízase en colaboración coas agrupaci... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde ven de enviar sendas cartas aos presidentes do goberno estatal e da Xunta nas que lles propón unha acollida temporal e transitoria de nenos haitianos en Ribadeo, m... Ler máis
A MARIÑA .- Veciños de A Mariña participan nas actividades que entidades públicas e privadas organizan para recadar fondos co fin de axudar ó pobo de Haiti, asolado por un sismo. O venres ce... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O venres día 22 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo celébrase un concerto solidario que ten como obxectivo recadar fondos para axudar... Ler máis
VIVEIRO .- O Casino Club Náutico de Viveiro organiza unha cea solidaria con Haití, será o sábado 30 de xaneiro, aberta a toda A Mariña. Colaboran Louzao, espectáculos Lito, promociones Pico,... Ler máis
O concerto benéfico que se ía celebrar o venres día 22 de xaneiro ás 20.30 horas no Cine Teatro trasládase ao Auditorio Municipal Hernán Naval. Este concerto está organizado pola Escola Mun... Ler máis
RIBADEO (FN) .- O Cine Teatro de Ribadeo acollerá o vindeiro venres 22 de xaneiro ás 20:30 horas un concerto benéfico co que se recadarán fondos para enviar ao pobo haitiano. Está organizado... Ler máis
BURELA (FNC) .- O Concello de Burela colabora na organización dunha cea na que se recadarán fondos para Haití, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano. Terá lugar o venres 22 de xan... Ler máis



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



