O PP tamén achegou propostas no Pleno: que o Concello solicite as axudas para proxectos innovadores para a casa consistorial de Castiñeiras e promova un recoñecemento a D. Luís López Pena Xe... Ler máis
Os concelleiros do PP botan en falta “investimentos reais no municipio” e actuacións concretas como “a mellora dos camiños públicos, un plan de sinalización, o fomento da tornaría ou a aprob... Ler máis
Os populares tamén se interesaron na última sesión plenaria polas actividades infantís para favorecer a conciliación das familias Xermade, 3 de xuño de 2025. Os concelleiros do PP de Xermade... Ler máis
Os populares apoian a promoción da tornaría, pero cren que “o proxecto do goberno local socialista para o centro de interpretación non é o máis acertado” Xermade, 7 de febreiro de 2025. Os c... Ler máis
Os populares advirten que “o cambio de materiais supón unha rebaixa no prezo que non sabemos a que vai dirixir o alcalde, pero tamén supón unha diminución nas condicións de seguridade para o... Ler máis
Os populares explican que “as obras para mellorar algo sempre están ben, pero puidéronse planificar mellor para evitar coincidir co curso escolar e co Encontro Internacional de Torneiros que... Ler máis
Os concelleiros populares trasladaban esta petición ao último pleno, pero “o alcalde negouse a pesar de que seguen chegando alegacións e reclamacións fóra de prazo de veciños que non tiveron... Ler máis
O voceiro, Antonio Riveira, é crítico coa tramitación porque “coa aprobación sen consulta previa obriga aos veciños a alegar e presentar recursos para corrixir o inventario co conseguinte ga... Ler máis
Os populares lamentan que “os camiños se desfagan en época de chuvias polos arrastres debido á falta de mantemento” Xermade, 1 de abril de 2024. O PP de Xermade esixe ao goberno local “a cor... Ler máis
O voceiro, Antonio Riveira, cre que “o goberno local socialista enganou a veciñanza con propostas que apenas a un ano de lexislatura xa reduce e moi probablemente serán inexistentes outro ma... Ler máis
O voceiro explica que “a fonte está afectada por arrastres de terra e outros restos desprazados dende a zona das obras, ademais de restos de vertidos” polo que esixe ao goberno local “velar... Ler máis
Riveira lembra que “a Xunta aporta neste 2023 para o SAF, adiantando un ano con respecto ao comprometido coa FEGAMP para 2024, 12€/hora” e pagou nos tres primeiros trimestres desta ano máis... Ler máis
O portavoz amosou a súa preocupación polo impacto desta enfermidade no concello Xermade, 22 de novembro de 2023. O portavoz do Grupo Municipal do PP de Xermade, Antonio Riveira, trasladou a... Ler máis
Os concelleiros do PP sinalan que “o estado intransitable dos camiños coma o das Testas, Os Cucos e Xemaré provoca atrasos no traballo diario dos gandeiros” Xermade, 15 de novembro de 2023.... Ler máis
Os populares piden que a Deputación corrixa con celeridade os problemas que xorden por mor da auga nas vías do municipio de Xermade que son da súa titularidade Xermade, 10 de novembro de 202... Ler máis
As actividades polas parroquias foron postas en marcha polo goberno do Partido Popular para “achegalas aos veciños”, pero “os socialistas quitan un servizo que ofrecía o Concello” Xermade, 7... Ler máis
Os populares consideran que “unha frecuencia anual para o desbroce das marxes das pistas municipais é insuficiente porque na primavera e no verán a maleza acelera o seu crecemento” Xermade,... Ler máis
O voceiro do PP, Antonio Rivera, lamenta o mal estado da zona de xogos infantil, sobre todo nestas datas, nas que a vila vive as súas festas patronais Xermade, 3 de agosto de 2023. Os concel... Ler máis
Durante o acto, Riveira presentou unha batería de propostas para mellorar os servizos en Xermade Xermade, 21 de maio de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o coordinador xeral... Ler máis
A dirección provincial confía en “lograr a maioría absoluta neste concello onde no 2019 o Partido Popular quedou a poucos votos do goberno” Xermade, 22 de abril de 2023. O PP de Xermade pres... Ler máis
Sandra de Bernardo amósase agradecida por formar parte da candidatura e quere traballar para que “os máis novos teñamos oportunidades para traballar e vivir no noso municipio” Xermade, 18 de... Ler máis
O coordinador xeral do PP, José Manuel Balseiro, lembrou que os populares xa estiveron gobernando moitos anos e “aspiramos a recuperar a alcaldía” para ofrecer unha alternativa real aos veci... Ler máis
Os populares consideran merecedor da máxima distinción que pode conceder un Concello ao biólogo e enxeñeiro técnico agrícola natural de Ameixido, en Lousada, polo seu “destacado currículo” e... Ler máis
“A traída pasa preto da casa e, polo tanto, non sería autorizable un abastecemento particular ao existir a posibilidade de conectarse á rede pública”, segundo explica o voceiro Xermade, 16 d... Ler máis
Os populares defenderon no pleno deste xoves a súa proposta que recolle a posta en valor da propia edificación e elementos etnográficos, habilitando espazos para o torno e unha mostra da bib... Ler máis
Así o decidiron no congreso local do Partido Popular no que participou a presidenta provincial, Elena Candia, entre outros cargos orgánicos da formación Xermade, 8 de xullo de 2022. Antonio... Ler máis
Antonio Riveira preguntou cando foi a última revisión e limpeza dos filtros e por que non se desenvolve un programa de mantemento que garanta o seu correcto funcionamento e evite a contamina... Ler máis
O concello está moito máis abandonado e os veciños pagamos máis impostos. Ademais, afirman, “as poucas obras que se fan eternízanse e seguimos sen axudas para os sectores afectados pola pand... Ler máis
Xermade, 8 de abril de 2022. O Grupo Municipal Popular de Xermade pediu ao goberno local no último pleno que “o Concello informe das liñas de axudas para vivenda aos veciños, os asesore nas... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



