Nota de Prensa Iniciativa Parlamentaria O deputado do PPdeG José Manuel Balseiro presenta unha iniciativa na Cámara autonómica para forzar á consellería nacionalista con competencias en mate... Ler máis
XOVE .- Os alcaldes dos concellos de Xove e de Cervo, Demetrio Salgueiro e Alfonso Villares, anunciaron a súa intención de levar ó pleno dos seus concellos unha proposta de alcaldía instando... Ler máis
XOVE .- A agrupación xuvenil do Partido Popular na Mariña lucense, Novas Xeracións, organiza un obradoiro de comunicación en Xove, na sala de informática da Oficina Municipal de Información... Ler máis
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, desvelan o sábado as iniciativas que desenvolverán os seus respectivos concellos “en contra da anulación... Ler máis
CERVO .- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, dirixe un escrito o conselleiro de Industria pedíndolle que interceda ante a conselleira de Vivenda para “deixar sen efecto o Plan Sector... Ler máis
A MARIÑA .- A Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade fixo pública a lista definitiva de adxudicatarios e de reserva no concurso público de adxudicación de 91 novas oficinas de farmacia... Ler máis
A interesada denominación de feísmo urbanístico, aplicada na súa maior parte a inacabadas vivendas unifamiliares construídas no medio da nada do rural galego, trasladase agora a pretendida e... Ler máis
Responsables do PP asegurar que o goberno galego paralizou a iniciativa para a creación de un “polígono supramunicipal” nas inmediacións de Alcoa en terreos do concello de Cervo... Ler máis
O Ministerio de Medio Ambiente está desfacendo o paseo da praia de Estiro en Xove, para recuperar o contorno orixinal de dunas e xunqueiras. Vai para dez anos, cando a moda era encher de cem... Ler máis



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



