BURELA (FNC) .-. O Concello pedirá a través dunha moción, que irá ao pleno do xoves, a retirada o Plan de Ordenación de Litoral polas consecuencias negativas que ten para Galicia e particularmente para Burela.
A tenente de alcalde, Neves Cando, explicou que “este plan da Xunta afecta a máis do 7% da superficie total galega e na provincia de Lugo a 10 concellos, entre eles o de Burela. Esta proposta procede a ordenar á Galicia costeira sen atender ao modo peculiar no que os galegos e as galegas nos asentamos no litoral e especialmente naquelas zonas que non son de costa aberta, o que representa a maioría da costa galega, e fixa modalidades de asentamento que non se axustan á nosa realidade e tamén prohibe usos residencias e deixa fora de ordenación vivendas en áreas de territorio nas que nos instalamos desde hai centos de anos”.
A edil nacionalista engadiu que “as previsións da Consellería de ter aprobado este documento antes de finais de ano e de proceder á súa aprobación inicial ao longo do mes de maio indican a ausencia de vontade por parte da Xunta de Galicia de introducir modificacións substantivas que impidan a hipoteca dos nosos concellos”.
Cando subliñou que “Burela é un concello cunhas peculiaridades específicas, porque vese afectado por FEVE, por Costas, pola variante e polo futuro corredor da costa e agora con este POL vese hipotecada definitivamente para o seu desenvolvemento urbanístico, porque máis de 100 hectáreas van ter prohibidas todo tipo de construción residenciais. En zonas como A Marosa prohíbese a instalación de equipamentos deportivos pechados, co cal todos os terreos adquiridos alí polo Concello non poderán ser utilizados para un futuro complexo deportivo e tamén en Foxo, onde non se poderá construír ningún tipo de vivenda, como si se podería facer co plan sectorial do anterior goberno galego”.
A tenente de alcalde lembrou que “das aproximadamente 800 hectáreas que ten o noso concello este POL afecta en Burela a máis de 700 e desas 700 máis de 400 hectáreas sitúanse por enriba da franxa dos 500 metros, é dicir que agora a Xunta do PP incrementa de por vida esta afectación moi por enriba do estipulado polo anterior goberno que era de carácter provisional ata que se aprobaran os plans xerais nos Concellos”.
Neves Cando manifestou que “diante de todo isto o PP de Burela cala, nada dixo e nada di deste POL e de como afecta a Burela. Este xoves no pleno terá que pronunciarse e terá que explicarlles aos veciños e veciñas de Burela como zonas actuais do noso pobo en expansión urbanística como A Marosa, Vilar, Foxo ou Perdouro quedan hipotecadas urbanisticamente de maneira definitiva”.




















A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectarase o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Terá lugar este venres 29 de maio ás 17:30 horas no Local Social da rúa Enrique Guzmán. A primeira mesa, dedicada aos diferentes modelos de obter beneficio, contará con Fernando Branco Parga e Quico da Silva do Colectivo Bidán, e co deputado Xosé Manuel Golpe, baixo a moderación da concelleira Paula Gómez. A segunda mesa abordará os beneficios para a veciñanza no desenvolvemento da enerxía eólica en Muras, con intervencións da deputada Olalla Rodil, do deputado Daniel Castro e do alcalde Manuel Requeixo, moderados pola concelleira Azucena Camba.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.



