NOTA DE PRENSA:
ALFREDO LLANO SUBLIÑA QUE AS CONTAS DO CONCELLO SON EXCELENTES E QUE O EQUIPO DE GOBERNO PROCURA GASTAR SEMPRE O MENOS POSIBLE.
Burela, 1 de setembro de 2010. Mañá hai pleno ordinario en Burela a partires das oito da tarde. Na orde do día figuran varias modificacións de crédito e acordo adoptado pola xunta de goberno sobre as alegacións ás directrices de Ordenación do Territorio da Xunta. Alfredo Llano subliñou que as contas do Concello son excelentes e que o equipo de goberno procura gastar sempre o menos posible.
O rexedor dixo que as modificacións de crédito veñen motivadas por varios asuntos, “por exemplo polas riadas de xuño que fixeron unha desfeita enorme no noso concello, as facturas dos traballos efectuados suman 227.000 euros e agardamos recuperar vía subvencións unha parte moi importante deses cartos, pero como non sabemos qué o que vai suceder por iso temos que ir a esa modificación de crédito. Por outra banda, o que se aforra nos soldos dos funcionarios e nas cuberturas da seguridade social irá para amortizar intereses e tamén hai unha serie de gastos derivados do incremento do IVA, gastos de aportacións municipais a determinadas subvencións que nos foron concedidas… hai que facer estas variacións para facer fronte a estes gastos e a outros como os ocasionados polo alumeado público”.
Alfredo Llano considera que “coa que está caendo as contas do Concello de Burela son excelentes, procuramos gastar sempre o menos posible, estamos preocupándonos de pagar a todos os proveedores. Todo o 2009 está listo e estamos pagando xa xaneiro e febreiro deste ano. Nos casos máis graves pódense dar cinco meses de espera, estamos facendo un esforzo grande e unha xestión importante para que todos os nosos proveedores cobren o antes posible”.
O alcalde engade que “non estamos a despilfarrar nada, estamos preocupados por facer unha boa xestión e tentando que o Concello de Burela sexa exemplar nese sentido. Queremos que se vexa que Burela é solvente e ben xestionado”.
Llano tamén se referiu ás alegacións presentadas polo Concello ás directrices de Ordenación do Territorio da Xunta. O rexedor insiste en que “Burela debe ser cabeceira comarcal no sistema urbano intermedio por todos os servizos cos que conta coma o hospital, o ISM, temos dous institutos, dous colexios e un porto importantísimo. Ademáis quero lembrar que somos o segundo pobo que máis medra na provincia tras Lugo capital. Agardamos que a Xunta teña en consideración as nosas alegacións”.
A Marosa
Por outra banda, o alcalde de Burela manifestou que “mañá xoves remataremos as obras complementarias que está a facer o Concello no campo de herba artificial de A Marosa. Temos que encher o depósito de agua que ten unha capacidade de 20.000 litros para facer regos superiores e colocaremos unha bomba de 20 cabalos de potencia. Queremos arranxar a rampa de baixada e proceder a rozar todo o entorno para que todo quede perfectamente listo de cara á inauguración desas instalacións cos partidos oficiais. Calculo que nesta semana teremos o campo listo. É unha boa obra e que se realizou en conxunto entre o Concello e a Xunta e estamos orgullosos pola repercusión que terá no deporte de Burela”.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



