NOTA DE PRENSA
O Orzamento 2011 incrementa o apoio e a cooperación cos Concellos a diferenza doutras administracións
– O Presidente e o Vicepresidente Primeiro presentaron o Presuposto que ascende a máis de 92 M€, e que está caracterizado por “un adelgazamento querido e buscado grazas ó cumprimento das débedas históricas como as transferencias de hospitais”
– Gómez Besteiro anuncia que no 1º trimestre do ano a Deputación voltará a presentarse para conseguir novos proxectos europeos, co obxectivo de acadar o mesmo éxito que na convocatoria anterior na que se obtiveron máis de 20 M€
– No tocante ás Áreas de Cultura e Deporte, Bao anuncia a creación da Fundación Uxío Novoneyra no Courel e a posta en marcha dun programa contra a obesidade infantil
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, presentaron este xoves o Orzamento de 2011 que será apobrado no Pleno do vindeiro martes, un mes antes da data tradicional debido á situación económica dos Concellos, e que ascende, nivelado en gastos e ingresos, a 92.112.201 euros. O máximo mandatario provincial subliñou que, debido á situación económica dos municipios, o organismo provincial manterá o máximo nivel de prestación de servizos ós Concellos e non recortará esta partida, senón que a aumenta.
“A diferenza da Xunta, nós non reducimos nin un só euro en cooperación. Sabemos a que nos queremos adicar. É máis, algúns Concellos que ata o de agora lles pagabamos a débeda do canon poderán acollerse ó Plan de Pequenas Infraestruturas; iniciativa na que en anos anteriores estaban exentos porque xa recibían cartos pola produción hidroeléctrica”. Neste senso, o Presidente puntualizou que “é o Orzamento do cumprimento, xa que as débedas históricas non lastran unha enorme porcentaxe dos nosos presupostos”. Precisamente, o pago do canon suporá un aforro de 3,7 millóns de euros con respecto a este ano.
O incremento da colaboración cos municipios tamén se traslada ás Áreas de Cultura, Deporte, Benestar Social e Turismo. O Vicepresidente Primeiro subliñou que “imos manter o nivel de compromiso e acentuar a cooperación cos Concellos e o tecido asociativo. Non eliminamos nada, con menos orzamento imos seguir colaborando con todo fronte ó recorte brutal da Xunta”.
Ademais da cooperación e de ser “o Orzamento do cumprimento”, será o primeiro que acada a estabilidade presupostaria na súa aprobación. En 2008 a de Lugo foi a 1ª Deputación galega que aprobou un Plan Económico-Financeiro para ter estabilidade en 2011. “É unha satisfacción que, ademais de facer obras e contratar un Plan Extraordinario de Obra Pública, que estará practicamente licitado a 31 de decembro, podamos dicir que por riba cumprimos a estabilidade”, apuntou Besteiro.
Adelgazamento buscado
Gómez Besteiro destacou que o cumprimento das débedas históricas permite o adelgazamento do Presuposto da propia Deputación máis que nos seus entes autónomos. Adelgaza 32 millóns de euros, xa que só a transferencia dos hospitais provinciais ó SERGAS supón unha reducción de 20 millóns de euros. “Foi un adelgazamento querido e ademais buscado pola Deputación. Era para nós unha esixencia política porque era un compromiso de goberno”.
No caso do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico (INLUDES), a redución é de 14 a 10,5, porque as anualidades para os programas europeos de administración electrónica e creación de emprego están a pleno rendemento, polo que a anualidade que resta para 2011 é moito menor. Neste senso, Gómez Besteiro anunciou que no primeiro trimestre do ano a Deputación voltará a presentarse para conseguir novos proxectos europeos, “e agardamos ter o mesmo éxito que na convocatoria anterior na que obtivemos máis de 20 millóns de euros. Nós imos traballar para elo”.
No caso de SUPLUSA, o Presuposto rondará os 7 millóns, porque este ano xa ten a dotación económica, 12 millóns de euros, para o innovador programa de residencias e centros de día para a terceira idade que o organismo provincial construirá nunha decena de municipios.
Aforro e reducción de gastos
Para o vindeiro ano, o equipo de goberno realizará unha importante redución en materia de gastos. Neste senso, o capítulo de “Gastos en bens correntes e servizos” diminúe en 3.174.353,41 €, o que representa un 18,44% respecto do ano anterior, o que supón un gran esforzo e control do gasto en todas as áreas.
Na área de Órganos de Goberno, diminúen todas as partidas, debido fundamentalmente á redución do 5% nas retribucións, incluídas as de políticos coma soldos que por terceiro ano consecutivo se manteñen conxelados. No apartado de gastos de persoal a variación é moi significativa: baixa en 10.100.499,39 €, un 33,08% respecto ó ano anterior. A principal razón é a transferencia dos hospitais co seu persoal correspondente. Ademais diminúe porque se aplica a denominada “carreira administrativa horizontal” e os chamados “postos de entrada”, cun nivel retributivo inicial máis baixo pero articulando itinerarios de progresión que permitan aos empregados acceder a niveis superiores sen cambiar de posto de traballo e en función da súa formación, avaliación e rendemento, en definitiva, do seu esforzo profesional.
En 2011 a Deputación endebedarase menos. “En 2010 precisáronse 25 millóns de euros para executar un Plan Extraordinario de Obra Pública. Este ano imos a 5 millóns de euros menos do nivel máximo do 75% que prevé o borrador da Lei de Presupostos do Estado. E, repito, cumprimos a estabilidade orzamentaria. Ademais, por primeiro ano, endebebámonos menos do que imos amortizar, xa que as débedas históricas está cumpridas”.
Cultura e Deporte
Antón Bao, na súa intervención, expresou que no refernte á Área de Cultura e Deportes, “os orzamentos para 2011 vannos permitir, sen dúbida, manter o noso nivel de compromiso que tivemos durante toda a lexislatura e apoiar con todas as nosas posibilidades aos concellos lucenses e a todo o tecido asociativo, deportivo e cultural”. Bao afondou en que “se logrou superar a importantísima redución orzamentaria e repartila de xeito que non fose en detrimento de ninguén nin se eliminase absolutamente nada”. “Pese a contar con menos orzamento acentuaremos colaboración cos concellos tendo en conta as serias dificultades que están atravesando”.
Por outra parte, Antón Bao afirmou que “consideramos a cultura e o deporte un elemento básico de desenvolvemento das persoas, de cohesión social, de benestar e tamén un importante sector económico, polo que cremos que a corda da crise non pode romper por aquí”. E, neste senso, Bao lembrou que “ó contrario que fixo a Xunta de Galicia eliminando axudas ó deporte en 2010, nós continuamos e continuaremos apoiando aos clubs, federacións e deportistas a través de diferentes liñas de axudas”. Para o fomento do deporte, Bao informou de que a Deputación destinará 4,7 millóns de euros e outros 700.000 euros para as instalacións propias da Deputación, sumando un total de 5,4 millóns de euros.
No eido da cultura, Antón Bao anunciou que a Deputación vai destinar un total de 7,2 millóns de euros, dos que 3,5 millóns van destinados á promoción cultural, e 2,7 millóns para manter en funcionamento a Rede Museística Provincial. Bao destacou que “non se rebaixou o apoio aos conservatorios dos Concellos de Monforte, Viveiro e Vilalba, que deberían ser competencia da Xunta de Galicia, nin se rebaixou o apoio á UNED desde a Área de Cultura da Deputación”.
Ademais, Antón Bao indicou que non só se manteñen todos os proxectos postos en marcha no que vai de lexislatura, senón que se van crear dous novos, un no eido cultural e outro no deportivo. Neste senso, Bao anunciou que o Orzamento contempla unha partida para creación da Fundación Uxío Novoneyra no Courel, un proxecto que “permitirá dinamizar non só culturalmente unha comarca de montaña como o Courel, senón que tamén terá repercusións positivas no plano socioeconómico e turístico”. O novo proxecto que se levará a cabo no plano deportivo e da saúde é o PECOIDEL, Plan Estratéxico Contra a Obesidade Infantil da Deputación de Lugo, que pretende dispoñer as medidas necesarias encamiñadas a promover nas familias lucenses a adquisición dos coñecementos que lles permitan adoptar hábitos e mantemento dun estilo de vida saúdable.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



