A pasada semana tivemos a gozosa oportunidade de participar en Alfoz, na programación dos Sábados Culturais que organiza o concello, acto que neste caso estivo dedicado á lembranza dunha figura insigne, xornalista, escritor e político da República, nado en Boiro, de pai valadourense, onde no primeiro tercio do século pasado, casou o fillo, con moza guapa e rica: don Ramón Fernández Mato. Home de grande atractivo físico, elegante, un dandi da época. Estudante de medicina en Santiago – veciño, compañeiro e amigo de Castelao, ámbolos dous foron membros da Tuna Universitaria, onde o rianxeiro tocaba a guitarra e Mato era presidente. Cóntase que foi nomeado tal pola súa arrogancia e a excepcional dote oratoria, que lle confería grande éxito entre as mulleres. O crego/poeta ourensán Antonio Rei Soto, descríbeo así: “ Se parece a don Félix de Montemar./ Apuesto, calavera y poeta, fue terror de beatas/. Lo mismo en los estrados, que en timbas y chirlatas/ triunfó su esbelto talle y su mostacho enhiesto./ Siempre el oro o la vida a jugarse dispuesto,/ más le placen las obras que las necias bravatas ;/ e igual ante hosteleras que regias azafatas, / si son bellas, se curva en un rendido gesto./ Trasnochador de raza, después del medio día / suele dejar el lecho; almuerza, se atavía,/ y, en las tardes serenas, tibias y perfumadas, / cuando todo es azul, calma, melancolía,/ sale al campo, y a solas, teje su fantasía como araña de fuego, unas rimas doradas”Autor dunha ducia de libros ocupou variados e importantes cargos co goberno da República e cando en 1936 estalou a guerra incivil era Director Xeral de Seguridade, exiliándose en Cuba. Tras anos nos que percorreo América, desenvolvendo a súa brillante actividade xornalística, en 1964 voltou á terra e instalouse en Foz onde permeñeceo ata 1968 que mercou unha casa en Vilagarcía de Arousa. Polos anos 20 Mato exercera a vocación política no Valadouro, onde era o valedor de Felipe Lazcano, diputado conservador por Mondoñedo. Entre as moitas distincións que lle foron concedidas figura a de Socio de Honor de Hijos del Valle de Oro en La Habana.
















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



