Viveiro, 16 de maio de 2019. A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu este xoves á Vicesecretaria Xeral do PSOE, Adriana Lastra, nun encontro no que tamén estivo o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Secretario Xeral Provincial, Álvaro Santos, e o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Loureiro logrou o apoio expreso da número 2 do PSOE ao seu proxecto para abrir Viveiro ao mar retomando unha iniciativa que impulsou Melchor Roel desde a Alcaldía e que foi aparcado polo Goberno do Partido Popular. Adriana Lastra avanzou que o Executivo de Pedro Sánchez impulsará o proxecto da rexeneración da marxe dereita da ría.
María Loureiro subliñou que “está abandonada e sen humanizar porque o PP paralizou e meteu nun caixón o proxecto que iniciamos os socialistas dende o Concello. Nós, dende o Goberno Municipal pedimos en varias ocasións a Portos que nos cederán os terreos pero sempre nos dixeron que non. Agora co PSOE avanzaremos nos trámites para que Portos traspase os terreos do peirao e da zona do Casino que imos humanizar para dotar dunhas pistas deportivas no casco urbano. Para que Viveiro de unha vez por todas estea aberto ao mar”. Adriana Lastra sinalou que “hai que arranxar a ría dereita de Viveiro. É un proxecto que xa empezou Melchor Roel e que vas finalizar ti María. Porque este Goberno Socialista vaite axudar. E será posible máis pronto que tarde, para conseguir abrir Viveiro ao Mar”.
“Xogámonos 2 Viveiros”
María Loureiro destacou que “o 28 de maio xogámonos 2 Viveiros. O Viveiro de antes, dos amiguismos, do caciquismo, onde o Concello está por riba e os veciños abaixo. Fronte a un Viveiro onde o equipo de goberno é un veciño máis porque non lle debe nada a mingúen, que só pensa en atender as súas demandas. Porque para iso estamos, para traballar por eles. Para os veciños de Viveiro xa se nota que está o PSOE no Goberno Central. Tiñamos unhas obras paralizadas no paseo marítimo de Viveiro que grazas á chegada de Pedro Sánchez desbloqueouse o proxecto e agora vaise facer un estudo para afondar nas actuacións do paseo marítimo e as escaleiras de San Circo.
O PSOE o único partido comprometido cos traballadores de Alcoa
“Hai que falar de emprego. Os galegos e os asturianos sufrimos un problema herdado, Alcoa. A responsabilidade é do PP e dun Presidente, Aznar, que decidiu vendeu unha empresa que era innovadora e puntal para o territorio. Dende hai 20 anos Alcoa leva sen recibir nin un só investimento desde que se venderon as fábricas. Que fixo este Goberno? Remangouse e plantouse en Estados Unidos e díxolle á empresa, se queres irte de España podes pero as fábricas e os empregos quedan aquí. Somos o único partido que ten un proxecto industrial para as industrias das Comarcas. Acabamos de poñer encima da mesa 200 millóns para os custos de CO2. E somos os únicos que falar dunha tarifa especial para as electrointensivas porque somos coñecedores das súas necesidades. Eses son os compromisos do Goberno do PSOE no Estado, e por iso, os traballadores saben que somos os únicos que aseguran o emprego.
“Onde quere recortar o PP chega Darío e os Alcaldes do PSOE”
“É moi importante ter uns bos resultados o próximo 26 de maio para manter a Deputación porque a provincia de Lugo estivo abandonada sempre polo PP desde a Xunta e desde o Goberno Central. E onde eles queren recortar, chega a Deputación, e chega Darío e os Alcaldes socialistas e melloras as infraestruturas e os servizos públicos dos Concellos. Por iso é fundamental seguir traballando polos nosos veciños e lembrarlles que temos adversarios. As dereitas, que se suman 1 van gobernar; e o segundo, a desmobilización. O que empezou no 28 de abril ten que continuar agora.
“Os maiores investimentos en Galicia foron nos 11 meses de Pedro Sánchez”
“Os maiores investimentos na historia de Galicia foron en 11 meses con Pedro Sánchez de Presidente. E con 84 deputados, agora con 123 e unha dereita en descomposición seguiremos nesta liña. Para iso necesitamos que haxa Alcaldes socialistas, que haxa un Presidente socialista. Porque seguímonos xogando os mesmo que o 28 de abril. Os mesmos dereitos e as mesmas liberdades. Estámonos xogando o estado de benestar. O primeiro cargo público que tivo o PSOE foi un concelleiro, somos o partido que máis concelleiros e Alcaldes ten en España, o partido que mais candidaturas presentou en España. Porque somos un partido municipalista. Entendemos que empezamos a transformar a vida dos nosos veciños e da sociedade a partir dos concellos. E estou segura de que María alcanzará a maioría absoluta”.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



