A capitá do buque Sea Watch 3, Carola Rackete, ven de ser prendida pola Guardia di Finanza na illa extremeira da Lampedusa, baixo unha desaquelada e inxusta acusación do Fiscal de Agrigento (Sicilia), o Luiggi Patronaggio, quen acusou dun delicto de resistencia e violencia contra nave de guerra a unha capitá que apenas cumpriu co seu deber. O Sea Watch 3 colidira levemente cun barco da devandita policía italiana cando tentaba atracar no peirao para salvar a vida dos 40 migrantes que levaba a bordo, despois de botar tres días ás portas do peirao lampedusiano agardando a licenza para achegarse á terra sen éxito. Unha licenza rexeitada pola brutaldade do Ministerio do Interior italiano, xerido polo extremodereitista Salviani.
Os sistemas xurídico-penais democráticos recoñecen o estado de necesidade como circunstancia eximente de toda responsabilidade criminal. Quen desenvolve unha conduta tipificada como delicto ficará libre de toda culpa se demostra que actuou para evitar un meirande mal propio ou alleo. É evidente que a vida de 40 persoas é un interese ben máis merecente de protección ca a simple integridade material dunha nave policial ou mesmo ca o valor dun autoritario mandado gubernamental. Nunhas circunstancias, ademáis, onde a manobra da capitá non acadaba níveis de risco obxectivo para a vida ou integridade física dos tripulantes do buque policial italiano.
A nosa Europa, a vella Italia, están a vulnerar os dereitos humanos dos migrantes e tamén os de cidadás europeas como a navegante alemá. Velaí xente como o viceprimeiro ministro Salvini ou o fiscal Patronaggio de Agrigento, quen amosa outravolta como varias Fiscalías europeas manteñen unha dependencia ou proximidade con cadanseu Goberno incompatíbeis co sistema demoliberal. Canto ao primeiro ministro italiano, o xurista Giuseppe Conte, amosa a súa grave ignorancia do Dereito italiano, europeo e internacional cando denuncia un suposto e gravísimo incumprimento da Lei pola capitá Rackete. Professore Conte, u-la presunción de inocencia? U-la non inxerencia no traballo da xudicatura por parte do seu Goberno?
A capitá Carola Rackete amosounos que ela xoga cos bós. Mentres que o proffesore inoperante-a quen chaman primeiro ministro-, o sociópata lombardo e o fiscal siciliano pertencen ao mundo dos que sementan o odio e o racismo nunha Europa que amosa estar tan cega diante deste caso como cando permite-polo de agora-que tres eurodeputados cataláns elixidos democráticamente ao abeiro das leis españolas non poidan asumir perante o Parlamento de Strasbourg, ao que pertencen por lexítimo mandado democrático.
Todas nós somos a capitá.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



