Mondoñedo, a 23 de setembro de 2019. O Concello de Mondoñedo recibiu a pasada primavera un dos premios Galicia Parabéns polo seu esforzo e compromiso co coidado da paisaxe e do patrimonio. Con cargo ao citado premio, o goberno municipal presidido por Elena Candia da agora un paso máis na eliminación do feísmo urbanístico coa demolición da vella estrutura dun edificio da avenida As San Lucas, unha das vías máis dinámicas de Mondoñedo.
Candia explica que o edificio que se vai demoler é en realidade «un esqueleto formigonado». Indica que o goberno municipal seguirá avanzando na loita contra o feísmo urbanístico en todos as súas manifestacións, de modo moi sinalado no caso das estruturas inútiles. O orzamento do proxecto a executar ascende a 69.451,04 euros. Esta obra sae agora a licitación.
O proxecto inclúe traballos de xardinaría, con plantación de especies arbustivas autóctonas. Deste xeito a imaxe da rúa mellorará moi notablemente.
Elena Candia agradece aos propietarios do edificio a actitude colaboradora que mantiveron en todo momento. Os propietarios ceden ao Concello temporalmente o uso do terreo.
O premio Galicia Parabéns está dotado con 400.000 euros. Na súa máis recente edición tamén recibiu esta distinción o Concello de Celanova.
A presidenta do goberno municipal informará aos veciños sobre as iniciativas que están en marcha e perfiladas para embelecer Mondoñedo, como no caso da avenida de As San Lucas, nunha reunión que se celebrará o próximo luns, ás 20.00 horas, no salón de plenos do Concello.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



